Redeseño de El Mundo, un aclarado necesario

Case non hai nada novo no redeseño da edición dixital de El Mundo, aínda que o que hai fora necesario. Incremento da superficie dedicada a información e aclarado xeral da parte informativa (aumento de interliñado e información entre bloques), inclusión de acordeóns nas seccións, solapas de noticias máis lidas, máis área de participación, etc. En xeral, un redeseño canónico con poucas apostas por contidos, o cal demostra o conservadurismo de algúns cibermedios en tempos de crise.

Aínda así, houbo dous movementos interesantes: a transformación do suplemento de viaxes Ocholeguas nunha guía turística de viaxes (clara competencia de El Viajero de El País) e algo bastante interesante: un videoblog de Pedro J. Ramírez de luns a venres, con comentarios de actualidade nun límite de dous minutos de duración. “Espero que non me baixe o micro se me paso dos dous minutos”, afirma o director de El Mundo ao final da primeira entrega para comezar a repartir.

4 Comments

  1. Juan Castro
    12 / Xaneiro/ 2009

    Si, a verdade é que o redeseño de El Mundo fora dos máis decepcionantes de todos os que se viran hai un par de anos nos xornais nacionais.

    Estes cambios xa se anticipaban co “lifting” que se lle fixeron a algunhas seccións (por exemplo, economía) que deberon servir de test. Gana lexibilidade e funcionalidade a cambio de perder algo de personalidade, unha tendencia estándar, pero que se lle vai facer.

    Iso si, polo menos neste estreo, confírmase a cada vez menor presencia da infografía multimedia, cada vez máis relegada na portada. Supoño que os gráficos teñen difícil sobrevivir á ‘Era Youtube’, pero é unha pena, sobre todo cando hai nada ‘El Mundo’ competía cos mellores a nivel mundial.

    Off-topic: Aínda a estas horas, El Mundo segue tendo entre as novas máis lidas “Toñi Vicente cierra restaurante de ostras tóxicas” ;)

  2. 12 / Xaneiro/ 2009

    Coincido essencialmente com as vossas análises… acho que Manolo o expressa muito bem quando fala de redesenho “canónico”.

    Agora, além do tradicional menu por secções informativas, temos no cabeçalho o menu tipo “comunidade” (habitual já noutros meios), ainda que diferenciado do outro, incluindo aí o multimédia, blogues, conteúdos especiais…

    uriosamente, aparece agora a secção OPINIÃO (no meio desse “menu comunidade”), antes mais escondida, algo que chama a atenção num meio como o El Mundo que se por algo se caracteriza é por dar em todas as notícias um carregado verniz ideológico e por apostar na intervenção mediática sobre os sucessos da actualidade, seja editorializando, seja dando espaços de opinião ou apoiando de outras formas.

    O que não entendo é que exista essa secção SOLIDARIEDADE, que num meio como este mais parece um labor de maquilhagem… a ver o que dura.

    Salvo este par de surpresinhas, polo resto parece confirmar-se a triste desaparição progressiva da infografia animada, ao menos de jeito aparente… será redução de custos? http://malodeaturar.blogaliza.org/2009/01/12/un-negocio-con-futuro/

  3. 12 / Xaneiro/ 2009

    Si, a infografía, sobre todo a interactiva complexa, está en franca decadencia no Estado español. E a narrativa, sobre todo. Sen embargo, medios coma o NYTimes están levantando a infografía de cálculo ao longo do 2008.

  4. Juan Castro
    13 / Xaneiro/ 2009

    Si, eu referíame ós medios dixitais españois, especialmente ‘El Mundo’ e ‘El País’, que ata hai un par de anos competían moi dignamente cos de Estados Unidos.

    Aquí quedámonos estancados en gráficos moi lineais e clásicos, cando alá se está facendo un uso moi intensivo de Actionscript e da interacción con bases de datos. O do NYT é simplemente bestial pero claro, con cousas como o ‘Pogue-o-Matic’, ¿quen lles pode facer a competencia? ;)

    Off-Topic: Por certo, xa o decidín, de maior quero ser David Pogue…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará