Last updated on 11 / Xaneiro/ 2009
Mira que teño visto castros. E sempre hai algo que me sorprende en cada nova acrópole da Idade do Ferro que visitamos. Ao monte que divide o val do Carbia da aldea de Ollares e o val do Ulla, en Vila de Cruces, chámaselle o Castro das Catro Cornas [localización]. ¿Enigmático nome, non si? Trátase dun gran recinto arqueolóxico (a croa é do tamaño de Viladonga, ou algo máis grande), rodeado dun gran parapeto e algunhas outras estruturas (foxo e parapeto exterior, algunha plataforma. No interior está achairado, e os veciños chámanlle a esa planicie interior a Eira dos Mouros. Actualmente, unha xungla, agás unha parte que están repoboando de piñeiro. Pero en canto entras, descubres que quere dicir exactamente corna. Porque en cada esquina do castro érguese un torreón, unha morea de terra e pedras, como se fora un castelo, aínda que eu non vira nunca esas estruturas defensivas, nas catro esquinas dun castro máis ou menos circular da Idade do Ferro. Nos castros atópanse con certa frecuencia torreóns nas portas de entrada, pero non ao longo do perímetro defensivo. ¿Imitación do estilo arquitectónico das fortificacións e campamentos romanos? ¿Desenvolvemento propio prerromano? Un misterio.
Na sociedade tradicional aquelas Catro Cornas de Carbia tiñan unha finalidade máis clara: eran o lugar no que os mouros gardaban as súas trabes de ouro e prata. A Eira xuntaba exércitos de meigas.
PostPost: Cornas! Ao chegar á croa do castro e descubrir o significado da palabra, inmediatamente lembrei o famoso “Saque de Recuncho” das retransmisións futbolísticas da TVG. Era todo máis sinxelo. De Corner a Corna. Pola miña parte, comezarei a empregar corna a partir de xa.

Haberá que ir visitar ese castro con cornas.
Non é casualidade o de corner/corna. As dúas palabras teñen a mesma orixe (latÃn: cornu). No caso inglés por vÃa francesa (cornier).
Curiosamente, a súa excepcionalidade está remarcada no propio topónimo. É unha zona con moitos castros e o elemento “corna” creo, a falta dun recoñecemento máis amplo doutros, do da contorna.
Por certo, non sabería se chamarlle torreóns 0u torres. O que se ve externamente son, máis ben, promontorios de terra. Máis raro que o demo.
O Castro das Catro Cornas non está en Carbia, es´ta en Ollares, no lugar da Amosa, o que si está en Pastoriza de Carbia é a Eira dos Mouros, pero son dos lugares xeograficamente separados por unha distancia importante. Seino de boa fonte, de nena andiven por ali