Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación

Aclarador infográfico de baixas palestinas e israelís nos últimos ataques

8 / January/ 2009 2 comentarios

Creo que onte lía un demagóxico artigo do filósofo Bernard-Henri Lévy en El Mundo sobre o conflito en Gaza. Bernard-Henri Lévy aseguraba que os israelíes estaban realizando unha acción o máis humanitaria posíbel. Lembremos, dicía o francés, que Hamás ten os seus cuarteis nos baixos dos hospitais. Todo palabras. Todo fume. Se ben a xente de Hamás me parecen fanáticos que ningún ben lle fan á causa palestina, a súa perversión de utilizar á poboación civil como escudos humanos das súas accións (os mortos alimentarán despois o seu exército de bombas humanas) non xustifica, desde ningún punto de vista, a acción israelita. Ou, precisamente por iso, debera evitala. E como eses, moitos argumentos penosos, lamentábeis e difíciles de xustificar. Podemos falar, argumentar o que queiramos, pero creo que este infográfico, que Moiz actualiza a partir da cobertura que fai a BBC do conflito, resume a situación. E logo veñen os poetas, os filósofos, os políticos a vestir a mona de seda.

2 comentarios »

  • Millón e medio de palestinos en 300 quilómetros cadrados. Tiras unha pedra ao ar e alguén lle cae derriba seguro, así que os misiles israelíes teñen que matar á forza a civís. Hamas é unha desgracia para os palestinos, Israel é unha desgracia para o mundo e ao resto do mundo, aos nosos gobernantes, debería caerlles a cara de vergoña.

  • roberto gago says:

    hola manuelgago!! feliz y prospero año 2009!! te doy la razon y la comparto ; en cuanto a la consternacion por la muerte de tantos niños, mujeres y ancianos; los cuales No son combatientes; por lo tanto , no se justifica esa MASACRE DE PÉRSONAS!! .En venezuela tenemos israelies y palestinos que conviven en sana PAZ, ESPÉRMOS QUE LOS GOBERNANTES PAREN ESA SITUACION VERGONZOSA PARA LOS POBOS DEL MUNDO!! ABRAZOS FRATERNOS!

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.