ScreenToaster, un útil gravador de screencasts

O ScreenToaster é unha aplicación web aínda en beta que permite algo utilísimo: gravar a túa actividade na pantalla do ordenador e xenera un ficheiro de vídeo que podes incrustar noutros sitios; é o habitual para explicar aplicacións, usos de software, etc. Aínda está en beta por invitación (pero só tardaron un día en enviarme unha), e xa te avisan que no futuro incrementarán as funcionalidades, en especial a máis básica, a de gravar audio en directo mentres rexistras en video a túa interacción. No vídeo de enriba podes ver unha pequena proba para ver que tal gravaba unha aplicación dura como Google Earth.

5 Comentarios

  1. 2 / Xaneiro/ 2009

    E se premes a pantalla completa verás que se pode ver ben a interacción do rato coa aplicación.

  2. 2 / Xaneiro/ 2009

    En Windows, en Mac e en Ubuntu Linux. Na casa hai de todo. E seguirá habendo. :-)

  3. o terceiro ceo
    2 / Xaneiro/ 2009

    e sen ser unha aplicación online, podes recomendar algún producto gratuito doado de instalar e empregar?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *