Patrimonio cultural galego: unha interpretación aberta (1)

Débolle a Xurxo Ayán a definición destas curiosas estruturas como “modelos de interpretación aberta de xacementos arqueolóxicos”. Os concellos galegos instálanas nas proximidades dos monumentos máis significativos do seu territorio para que os visitantes poidan discutiren entre eles, luciren os seus coñecementos históricos ou artísticos e poder así, establecer unha conversa intelectual que non se instale na cómoda ortodoxia dun texto fixado. ¿Para que dar todo por feito? En Galicia nos gusta presumir de cultos coñecedores do noso país, que non precisan que ninguén lles explique nada a priori. E é máis: obsérvese que os monumentos e obras de arte máis visitados do mundo son tamén os máis controvertidos: ¿foi a pirámide de Keops construída por extraterrestres?¿De que se ri a Mona Lisa?. Abramos a porta á imaxinación co noso patrimonio cultural!

Neste caso hai que felicitar á alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, polo feliz mantemento desta instalación de discusión e especulación, ubicada nas proximidades da Ponte Taboada.

6 Comments

  1. 21 / Decembro/ 2008

    XA che diga, e cando o home desapareza, vira unha cultura extraterrestre e divagara sobor do tema, esto eran templo, que va home, eran lugares de reunión de entes superiores…upssss que mal estou a golpe de Domingo. Saúdos

  2. Alex
    22 / Decembro/ 2008

    De aí a idea da campaña Mira por el, cos marcos pendurados. Tamén se pode ver algo semellante nos paneis publicitarios dunha constructora no entorno do Sarela, na Pontepedriña de Abaixo. Envíoche unha foto.

  3. 22 / Decembro/ 2008

    Grazas, Álex, publicareina estes días. Paréceme boísima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *