
Contrabandeando entre Uruguai e Brasil
Na cidade uruguaia de Melo, os máis pobres contrabandean a diario atravesando en bicicleta sesenta quilómetros de fronteira entre Brasil e Uruguai. O día no que se sabe que o Papa Xoán Paulo II virá a Melo, as previsións máis optimistas falan de 50.000 devotos que anegarán a cidade para ver ao pontífice. Cunha euforia xeral, todas as familias humildes da cidade empéñanse en empréstimos ata as cellas para montaren pequenos postos ambulantes cos que saír da súa miseria cotián: venta de empanadas, chourizo, medalliñas da Virxe…ou mesmo un baño construído ex profeso para a ocasión na casa de Beto, un dos contrabandistas. El baño del Papa conta o sarillo épico da construción dese WC para devotos. Pero o papa non fará o que todos pensaban: onde ía dar unha multitudinaria misa, dará un breve discurso, e todo se truncará. Está baseada nunha historia real, dura, que só consegue atemperar e encandilar o humor e a visión desa esperanza permanente por mellorar, de levantarse trala caída, que teñen os pobres de Melo. Unha peli fermosa como fermosa é toda arela por mellorar.
A película está dirixida por Enrique Fernández e César Charlone.

Un benvido mister marshal dos tempos que corren, se algunha vez ides o iguazu, as tres fronteiras…fuxide do turistico e idilico circuito para ver a verdadeira e crú fermosura de Arxentina, Brasil e Uruguai, saúdos e apertas