Así está quedando de guapo un tramo medieval do Roteiro Frai Martín Sarmiento en Cerdedo

Hai mes e medio chamabamos a atención sobre o vergoñento estado do Roteiro Frai Martín Sarmiento (PRG-69), no concello de Cerdedo, totalmente degradado e abandonado polo concello. Pois ben, seguimos, que neste país sabemos que nos gusta acabar o comezado. As fotos corresponden a un tramo de antiga corredoira da aldea da Revolta; o concello decidiu cargarse o camiño medieval inventariado dentro do roteiro realizando unha pista ancha en exceso para comunicar dúas pequenas aldeas. Unha burrada como un piano que xa está denunciada na Dirección Xeral de Patrimonio. Cóntao Carlos Solla, da asociación Verbo Xido de Terra de Montes no seu novo (e moi chulo) blog O embigo do Becho, do que proceden as fotos deste post. Crema de Grelos tamén deixou unha ligazón a unha noticia de La Voz que amplía información.

8 Comments

  1. 26 / Outubro/ 2008

    Sen ánimo de criticar… pero non será demasiado largo pra ser un camiño ao xeito? En Galicia, en canto hai que facer un camiño, meten a pa e sae unha pista.

  2. 26 / Outubro/ 2008

    Cesare, non entendo o comentario. Iso é exactamente o que se critica neste post: “Unha burrada como un piano “. Vese que non me expliquei abondo ben.

  3. 26 / Outubro/ 2008

    Ou sexa, que o do título é irónico.

  4. 27 / Outubro/ 2008

    Ah, ghasús… Ás veces deberiamos ler e non ver unicamente as imaxes… unha vez máis, desculpas…

  5. 27 / Outubro/ 2008

    Hai que decirlo “con un par de collons” hai que ser un zoupón para facer semellante animalada.

    A miña terra de montes vai ser agora terra de camiños.

  6. Xurxo
    28 / Outubro/ 2008

    É incríble o destes desvergoñados. Non teñen nin idea do que é o Patrimonio. Se souberan o que é xa lle estaban sacando cartiños porque para os cartiños ben que espabilan, carallo. Non hai que deixar nunca de berrar as zoupadas destes nugalláns. Ánimo

  7. Pedro
    31 / Agosto/ 2010

    Mañana día 1-09-10 Tengo que hacer la ruta PRG-69, organizo senderismo
    con un grupo de unas 50 personas de todas las edades, y por lo que leo en tus comentarios y creo que tienes mucha razón en los comentarios, no es muy recomendable por el abandono, me gustaría que me comentaras algo sobre la ruta y su estado actual. un saludo.
    Somos un Grupo de Vigo, Senderismo Agarimo.

  8. 1 / Setembro/ 2010

    Descoñezo o estado actual do roteiro, Pedro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará