Escribindo o primeiro taboleiro de viños por copa. Fotos: Sole
Os afeccionados ao viño temos unha nova tenda en Santiago para explorar denominacións e produtores de calidade. A Viña de Xavi, a viñoteca que ata agora estaba moi próxima á Praza Roxa, en San Pedro de Mezonzo, acábase de mudar para Fernando III o Santo, 4 (onde antes estaba Las Añadas del Siglo). O novo local ten dúas plantas e moito espazo: arriba está a barra e as mesas de picoteo e abaixo, o amplo soto divídese en comedor, por unha banda, e tenda de viños pola outra, que arrinca a vender este mesmo luns. Na tenda, ademáis, haberá unha programación de catas. Aire. Quen tivera comido no local anterior, sabe de que estamos falando: a paixón enófila de Xavi, o propietario, provocaba a pintoresca escena do atiborre total de caixas de viños ata na porta dos baños. No espacioso local novo, terá osíxeno por uns meses…
A tenda
Nesta nova etapa, a enciclopédica adega de viños da Viña de Xabi -que é un ávido enogeek- arrinca nas 800 referencias que se ampliarán, e hai unha novidade que non é habitual en Santiago, o descorche. En realidade, a tenda é a carta de viños do restaurante. Ti vas á tenda, mercas o viño a prezo de tenda, e despois se queres cear no restaurante ou subir ao bar e picar alí mesmo con ese viño que escolliches, eles simplemente cobran o descorche, co cal o viño sae bastante máis barato que nun restaurante convencional e tes a posibilidade de botar un ollo con calma ás botellas antes de escoller (estou convencido de que o factor visual é clave na elección dun viño).
Por sorte, carta e local manteñen as principais características que fan que pete de xente todos os seráns: os prezos das botellas moi razoábeis para o cliente que animan a explorar con curiosidade estas referencias e as tapas que sirven cos viños son abundantes e ben saborosas. A todo isto, a Xavi só o coñezo de cruzar frases como cliente, nada máis, pero me alegro moito de que prospere e tire para diante, porque é unha boa noticia para todos os amantes do viño en Compostela.
O teléfono da Viña de Xavi: 981940071
¿Como se poderá dicir, por certo, descorche en galego? ¿Algunha idea?
Ola Gago. Moi boa idea esta da Viña de Xabi. En Galicia hai un cambio xeracional que vai remexando o concepto da hostalarÃa e procura un nivel de calidade e innovación excelente. Non é un traballo fácil cando hai quen lamenta o peche de tanto furancho, non obstante, da proliferación de tanto chiringuito ilegal (en Pontevedra moitos) haberÃa que preguntarse canto de culpa teñen os que se aferraron a un tipo de negocio legal pero moi pouco profesional, e que tanto os asemella aos furanchos. Ideas como estas son como abrir unha fiestra para airear unha habitación pechada.
En canto a palabra descorche en galego lembro escoitar unha vez a un amigo bodegueiro en Arbo, falar de destampullar. Non che sei se a expresión é de todo correcta ou ata que punto improvisouna sobre a marcha. A mÃn de boas a primeiras saeme “destape”. O destape da botella, o sea, que me sae algo asà como se a muller de Aznar fixese un despelote.
Un saúdo.
PD. En Pontevedra costounos bastante atopar o descorche. Faise a 6⬠no Remesal de Tui. E tampouco teño máis trato co propietario deste fermoso restaurante-bodega que o de comer alà un par de veces.
http://turismodepontevedra.blogspot.com/2008/02/descorche-en-el-remesal-de-tui.html
Quedan anotadas esas propostas de “descorche”. Xa vira hai tempo o texto que escribirades sobre ese restaurante de Tui: xa quedou fichado para cando nos acheguemos por alÃ.
Para “descorche” eu propoño “encete” . Segundo o Diccionario da Real Academia Galega “encetar” é empezar a cortar ou a gastar dunha cousa que estaba enteira e, curiosamente, pon como exemplo “encetou a botella”. Segundo o Diccionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega, tirarrollas, sacarrollas e quitarrollas son neoloxismos. Tradicionalmente o que tapa unha botella é un “tapón”, asà que tamén poderÃa valer “destaponado”