Sexo entre árbores

Forestlove é unha provocadora campaña de Greenpeace para presionar á Unión Europea contra as talas ilegais de bosques. Non está mal ver ás árbores en plan acción desenfrenada (aviso, audio pouco discreto):

Como din na súa web, “queremos asegurarnos de que os membros da comisión non se esquezan durante as vacacións de verán“, así que alentan a todo o mundo a que tome fotos de si mesmo ou dos amigos “estendendo o amor polos bosques“. Uns cantos xa o teñen feito:

Xa hai un grupo montado en Flickr e un divertido blog.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará