‘Graffitis’ medievais no mosteiro de Suso


Fotos: Sole

Suso e Yuso son os dous mosteiros irmáns -en realidade, Yuso é un derivado do orixinal eremitorio que foi Yuso-, no fermoso val de San Millán, ao oeste da Rioxa, alí onde o bosque parece volverse atlántico no medio desas sequedades hispánicas. Suso foi un importante lugar de peregrinación medieval. Se ides -o acceso é restrinxido-, fixádevos ben nas pintadas que están no muro da igrexa, onde está a galería porticada. Alí, os peregrinos devotos de San Millán pintaron, no puro estilo dos códices, -e moi ben por certo- varios graffiti en recordo da súa visita ao santuario. Pequenos fragmentos de vida coma estes:

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *