Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Santiago(é)TAPAS: comeza este sábado o concurso de tapeo

26 / June/ 2008 Sen comentarios


Algunhas das 113 tapas que se poden degustar nos bares compostelanos estes días

Do web oficial:

Todos os amantes da boa cociña, e en particular das tapas, poden gozar, dende o sábado 28 de xuño e até o 13 de xullo, das mellores tapas en Santiago de Compostela. A cidade acolle o I Concurso de Tapas “Santiago(é)tapas”, unha iniciativa que ten a finalidade de promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos. O público pode votar a súa tapa favorita nos pousavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.

Gústanme estas iniciativas que saen do círculo institucional e impliquen a máis, e gústanme que sexan ben divertidas! Á xente en Santiago encántalle o pincho e o tapeo, e non hai máis que ver o ben que funcionan os locais cunha gran variedade destes, pero moitas veces nos bares non se mimou este gusto curioso dos compostelanitas. É hora de inventarnos de novo francos, raíñas, ensanches e todos os recantos da cidade, e dibuxar novos roteiros urbanos invisíbeis baseados no gusto, nese pincho secreto que queres amosar aos teus colegas, en inventarnos un novo vicio (outro máis). Estaremos por esas rúas compostelanas para contárvolo estes días!

Podes consultar as tapas e toda a información do concurso aquí

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.