Sillóns de biblioteca que seguen aos lectores

Isto é bastante alucinante, malia ser polo de agora só un proxecto en fase conceptual desenvolvido como traballo de graduación na Academia de Deseño de Eindhoven. Trátase de sillóns de biblioteca que seguen de xeito interactivo ao usuario pola biblioteca para ofrecer asento no lugar que el considere. Paga a pena ver como os sillóns se recargan sós, ou como o bibliotecario pastorea sillóns para conseguir novos usos, como montar un auditorio improvisado para un recital. Unha pasada.

Vía No puedo creer que lo hayan inventado

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *