Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co, Roteiros

VI Xantanza: leccións de viticultura no Coto de Gomariz

2 / Xuño/ 2008 5 comentarios


O Coto medieval de Gomariz. Foto: Sole


Subindo aos viñedos nos 4×4. Foto: César R. Carril


Examinando o solo de xistos na prantación de albariño con Xosé Lois Sebio. Foto: César R. Carril


Ricardo Barreiro no alto do Coto de Gomariz. Foto: César R. Carril


Intentando distinguir variedades autóctonas (estaba chungo) no viñedo experimental de Xosé Lois. Foto: Gourmet de Provincias

Tiña moitas gañas de coñecer en directo sobre o terreo o proxecto Coto de Gomariz. Os seus brancos (Coto de Gomariz) parecíanme do máis moderno que podías atopar en Ribeiros; a adega, ao mesmo tempo, tamén conta cos VX, os tintos de sousón con corenta meses en barrica (si, repito, 40 meses para tratar o sousón); tras dela, está un forte investimento en tecnoloxía, en terras e a aposta pola excelencia desde as primeiras fases do proceso de cultivo do viño. En canto chegamos á adega, xa nos estaban agardadando o xerente Ricardo Barreiro e o director técnico, Xosé Lois Sebio -dous auténticos enofanáticos apaixonados do seu traballo-, para subir en 4×4 aos elevados viñedos que ten a adega no Coto de Gomariz. «Este é o Pomerol do Ribeiro», dixo Barreiro, facendo unha analoxía coa mínima extensión do terreo máis cobizado de Burdeos. O certo é que o Coto, visto desde o alto do monte, é como unha pequena cuncha de ouro, con cotizacións de 100.000 euros por hectárea. Alí está Vilerma, a adega San Clodio de José Luis Cuerda, e Coto de Gomariz. No vértice da cuncha está a igrexa prerrománica e a adega medieval de Gomariz, que pertenceu ao mosteiro de Toxosoutos. O Císter foi o gran explotador de Gomariz, e os propietarios da adega actual aínda adquiriron hai pouco un viñedo que segue tendo exactamente as mesmas dimensións que no século XIV. Créanme: é mirar o Coto desde arriba e saber que hai están mil anos da historia do viño en Galicia, e un non pode sentir menos que emoción.

O gran impulso de Gomariz comezou nesta mesma década, nun traballo continuado para obter viños moi propios da zona, recuperando castes autóctonas e concentrando a maior parte do esforzo na viña. «O viño cando chega á adega», asegura Xosé Lois Sebio, «xa debe estar case feito». Escoller e traballar solo, orientación, variedades, patróns é básico para Coto de Gomariz, «cando vou a presentacións sempre levo as miñas caixiñas coas terras coas que traballo», asegura. No fondo do val, arxila. Nas ladeiras, xisto. E unha forte presión entre as vides para que as prantas teñan un rendimento moi baixo e moita calidade nos acios. Vimos un viñedo de albariño sustentado sobre o xisto, sen a penas auga, na que as cepas sufrían o terreo, do que a adega elabora o Viño das Encostas de Xistos, un viño moi mineralizado.

Xa en adega puidemos catar algunhas elaboracións que a adega está a preparar para o seu trinta aniversario. Entre elas, un notábel sousón cos seus consabidos corenta meses en barrica que estaba francamente bo e dunha gran complexidade. O mellor, sen dúbida, a sensación de que estabas a falar cuns auténticos apaixoados do seu traballo e da recuperación da dignidade do Ribeiro e das súas castes autóctonas, como a carabuñeira, que é a touriga nacional portuguesa que é a base dos viños do Douro, como ben explica o Viticólogo. Esta xente confía no traballo do viticultor, no máximo respecto á viña. «Vas coñecer os nosos viñedos», dixo Sebio, «porque están cheos de herba. Tentamos restrinxir ao máximo o uso de herbicidas, a pesar de que iso nos provoque elevadas mortandades da pranta».

Agora, a xente de Gomariz está pendente do tempo. As dúas vindeiras semanas serán decisivas para as vides e, se continúa chovendo, a cousa se pode poñer complicada. Seguirán consultando a fonte metereolóxica coa que deciden as vendimas: un sitio web de surfistas checos (en serio).

5 comentarios »

  • Graciñas pola túa xenerosidade de contalo. Acabo de chegar do sobreiral do Arnego e xa estou no Pomerol do Ribeiro …
    Ás veces, só cando o penso, moi lonxe me vexo :-)
    Saúde e terra.

  • magago di:

    Paco, afortunadamente agora todos podemos estar moito máis próximos. :-)

  • Anónimo di:

    Dios, canto tempo……………

  • Jose Antonio di:

    Yo solo quiero decir que ayer en una c naen el pueblo de Vilatuxe y en el Restaurante un gran carnicero conocidoal estabadelicioso con sus castañas en salsa y sus patatitas doradas y an puesto un vino para el primer trago largo delicioso,fue un coto de gomariz, dentro de poca esperiencia en vinos, tengo que ecir que para la idea que tenia yo del Ribeiro me ha sorprendido, pero la cosa no queda aqui, el tema es que dicen los comensales a los que acompañaba, !bamos a tomar un VX¡ pues «no se hable mas» cuando pruebo aque vino, de una botella de 1.5l, me quedo totalmente asombrado, como yo siempre digo a todo el mundo, no entiendo un pijo de vino, ahora si , se el que me gusta y elque no, y aque,de los poco o muchos que me han gustado, lo situo entre los primeros. cual es mi sorpresa o mejor dicho mi gran sorpresa, que como el primero de los vino segua siendo un Ribeiro y yo pensando que meestaba bebiendo un «ribera del duero» sin animo de ofender a ninguno de los dos. Y he dicho mi gran sorpresa, ¿por que? por que puedo beberme con mucho gusto un vino de mi tierra Ourensana, cuando siempre he pensado dentro de mi innorancia que el ribeiro hera aquel vino blanco cabezon que se bebian los Madrileños con la tapita en las vacaciones de verano. Por eso yo invito o mejor dicho, animo a que todos los que puedan pensar como yo pensaba, que pidan un VX de estos y que despues se animen a comentarlo, eso si sin enrrollarse tanto como yo, porque parace que la botella de 1.5l me la he bebido hace 10 minutos yo solo. Un saludo a todos los que disfrutan con su paladar y con los Rallyes

  • Jose Antonio di:

    Tengo que pedir perdon a todos los letores de estas opiniones, que el mensaje de Jose Antonio del 26/ Novenber/ 2009 at 11:39 pm, he querido modificarlo y me ha salido un churro, me he olvidado del pollo de corral que ha preparado y muy delicioso nuestro conocido Alberto, no le he puesto «h» !an puesto un vino¡ y demas, pero amigos no es ni el vino ni el despiste es que se me da mal la materia ortografica y la informatica. Gracias y disfrutar de lo gastronomico pero si escesos. Un saludo y mi gran aprobado con sobresaliente a la persona que ha logrado estes grandes vinos y un saludo a todos los lectores.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.