Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación

Culturagalega.org 2008: un novo deseño modular, contextual e máis lexíbel

26 / May/ 2008 9 comentarios

Hoxe lanzamos o novo deseño da páxina de inicio de culturagalega.org. Nesta nova proposta, ademáis de mellorar a lectura e a decodificación do contido nas súas diferentes áreas, hai algúns cambios moi interesantes. A portada está agora estruturada en módulos, que se irán ampliando con novas funcionalidades e contidos nos vindeiros meses, baixo a premisa de facilitar a personalización da inxente cantidade de contido de culturagalega.org por parte dos usuarios, aplicar filtros de intelixencia social e aproximarse o máximo posíbel aos seus propios intereses culturais.

Na portada case desaparece a interface de navegación, que é contextual, orientada a manifestarse só nas áreas vinculadas do contido a esta, pensada para que sexan suxestións de navegación, orientadas a un usuario de navegación moi rápida e googlelizada. A portada é un fragmento de tempo, na nova idea de culturagalega.org. É o Agora, continuamente cambiante, con contidos informativos potenciados e ricos. Baixo as noticias, os internautas poden observar o fluxo continuo de introdución de contidos en culturagalega.org, entrando en portada de xeito semiautomático. O Antes son as buscas, máis rápidas, completas,e en moitos medios, non só nós, reflectindo un uso habitual de culturagalega.org como banco de datos de referencia. E o Despois é unha axenda potenciada. Facemos unha mudanza para pasar de portal a plataforma de contidos para os usuarios que viven ou queren vivir ou poden vivir a lingua e cultura galegas. En xeral, estou moi satisfeito do deseño, concebido na súa parte conceptual por toda a redacción e liderado a nivel gráfico por Miguel Alonso. Aquí pódense consultar máis detalles.

9 comentarios »

  • suso rubio says:

    alégrame moito ver o novo deseño que eu creo que era unha necesidade no portal…e eso que a “pel” anterior foi un referente para min na web galega.

  • Xavier says:

    Noraboa polo novo deseño! Eu tamén coincido en que era unha necesidade no portal.

  • Magnífico o redeseño. Parabéns!

  • carlinhos says:

    Moi útil e acorde cos cibertempos que corren ;) Gústame moito, gran traballo!

  • ruben says:

    gústame. sobre todo, o concepto temporal e a axenda. noraboa.

    pero… anticipando desculpas pola miña atrevida ignorancia… a que te refires con que “aplica filtros de intelixencia social”?

    saúdos!

  • magago says:

    Moitas grazas a todos!

    Rubén, aplicará, non aplica. Basicamente a premisa é abrir novas vías de lectura e extracción das enormes cantidades de contido de culturagalega.org a partir da interacción, o uso e a cooperación dos usuarios. Non che podo dicir moito máis porque aínda desenvolvendo os modelos.

  • ruben says:

    ok, ok, :) . xa veremos en qué dá a cousa, :D .

    unha aperta.

  • M. Barcia says:

    Quedou moi chula, pero xuraría que esa combinación laranxa/marrón de cabeceira xa a vin antes nalgún sitio…

  • magago says:

    Eu en moitos, coma o resto de combinacións que probamos. Éche a desgraza de Internet: sempre hai un sitio que se parece ao teu. :-)

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.