Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Libros

Po de estrelas, o novo libro de divulgación científica de Xurxo Mariño

21 / April/ 2008 13 comentarios


Portada do libro (feita por Santy Gutiérrez) e fragmento de infográfico de Manuela Mariño

O venres presentouse Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, escrito por Xurxo Mariño e editado pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Po de estrelas é a continuación de Os dados do reloxeiro, a primeira edición impresa das columnas de divulgación científica que Xurxo publica en culturagalega.org. Desta volta, contamos para a edición coas ilustracións humorísticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño.

En Po de estrelas, Xurxo dá claves para comprender novas teorías e ideas sobre a natureza do Universo e a vida no planeta Terra, sempre combinando esas dúas propiedades que tan ben domina: o rigor e a precisión científica e a capacidade para entreter e divulgar. “Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo“, asegura Xurxo. Po de estrelas é un fermoso libro de divulgación científica, tanto a nivel de edición como dos seus contidos, xa que ten varias direccións de lectura: Manuela Mariño, infógrafa de La Voz de Galicia, explica na contracapa, a través de dous gráficos, o nacemento e morte de estrelas coma o Sol e o ciclo do carbono e o sol, que xenera os nutrintes dos que nos alimentamos e Santy Gutiérrez crea un contrapunto humorístico en paralelo aos breves artigos divulgativos de Xurxo.

Podes descargar de balde Po de Estrelas aquí (en PDF).


Unha ilustración de Santy Gutiérrez para Po de Estrelas.

13 comentarios »

  • ghanito says:

    Hai dous anos dorfun agasalloume un exemplar do anterior libro, que repatiran de balde na XGN e agardo desfrutar igualmente deste.
    Parabéns ao Consello pola iniciativa.

  • burelao says:

    Tamén hai dous anos que xurxo mariño veu á nosa clase na facultade para falarnos da ciencia e de como trataba a ciencia nas súas columnas e deixounos, en xeral bastante impresionados.
    A título persoal teño que recoñecer que os seus artigos enganchan, sobre todo aos que somos de letras e nós dá preguiza iso de profundizar na ciencia.

    As miñas felicitacións para Xurxo!

  • xurxo says:

    Manolo, son Xurxo. Grazas pola entrada no teu blog. Quería agradecerche tamén aquí a túa entusiasta labor no desenvolvemento do libro, xa que moitas das ideas da súa edición son túas.

    saúde
    xurxo

  • maría says:

    Hola Manolo. Eu querríao mercar.
    Agradecería información o respecto.

    Encántame o teu blog.

    Bicos

    María

  • magago says:

    María, a Editorial Galaxia vai comezar en breve a facer a distribución en librarías. Alí poderás mercalo sen problemas, tanto se o teñen como solicitándoo.

  • magago says:

    Grazas, Xurxo, o pracer é meu de poder traballar nesta edición e aprender tanto contigo.

  • motorolaring says:

    and climb then eventually managed beechnuts where I spent I started

  • Vicente says:

    Disfrutei dun fato de ciencia fresca lendo “Os dados do reloxeiro”. Estou seguro que o mesmo- cando menos- sentirei lendo “Pó de estrelas”.
    Noraboa Xurxo, e grazas poor compartir con nós o teu saber.
    Unha aperta. Vicente.

  • skelaxin says:

    sea student girl busy mail vacant australia

  • yahoogermanh says:

    yahoo watch steven this home apple university bag bag elephant see right ibm yes

  • uglystonetru says:

    speed free tom england red yahoo red

  • vacantboatau says:

    head england england house sea vacant

  • allapplehead says:

    german all this england tom global free head day clean we water frog

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.