Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

All inclusive, as cidades turísticas como novos medios de masas

11 / Abril/ 2008 Sen comentarios


Ho-Yeol Ryu. Airport, 2005


Reiner Riedler. Unter Palmen, 2005.


Thomas Struth. Audience 1. Florencia, 2004

Mira esta terceira foto. Son turistas. Si e non. Segundo Thomas Struth, o fotógrafo, son audiencia. Imaxina que as cidades turísticas son medios. As viaxes, coa caída dos custes das viaxes aéreas, son o novo entretemento popular, que ten as súas propias prácticas, como as vastas coleccións da fotografía dixital. «As fotografías dos turistas serven, sobre todo, para a confirmación, e non para o descubrimento», afirma Peter Osborne. Esta afirmación parece presidir a interesantísima exposición All Inclusive. A Tourist World, que se pode ver no Schirn Kuntshalle de Frankfurt ata o 4 de maio. Con obras de Michael Elmgreem,Ingar Dragset, Tracey Moffatt ou Santiago Sierra, a mostra ofrece interpretacións documentais, parodias, desfamilizacións de motivos turísticos ou a súa recreación.Pódese ver unha galería aquí.

O turismo está a converterse nas últimas décadas, pero especialmente con este inicio de século, unha acción de masas como o foi no seu momento a televisión, que pouco a pouco está disolvendo as súas audiencias millonarias en micronichos de canles por cabo ou IP; as liñas de baixo custe son o soporte, a canle, e as cidades convértense en medios cunha programación, co seu primetime xeográfico de espectacularidades construídas pensadas para competir entre unha ampla oferta (o Guggenheim, a Cidade da Cultura); como na televisión de masas, estes medios aínda perviven cos seus redutos de madrugada, distanciados do circuito convencional. Falaremos dalgunhas cidades como falamos de La 2. E falaremos doutras como de Tele 5.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.