Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Braga e a galería fotográfica de Pedro Guimarães

Marzo 11th, 2008 · Esperando pola túa opinión

semana_santa_pedro_guimaraes.jpg
A Semana Santa de Braga, segundo Pedro Guimarães

Coñezo poucos blogs locais máis interesantes que Avenida Central, mantido polo Pedro Morgado sobre Braga e no que se debate -fisica e virtualmente- sobre o pasado, presente e futuro desta cidade do Norte de Portugal coa que, por suposto, os galegos temos moito, moito que ver: os seus debates teñen un ton moi semellante ao noso: periferia, Noroeste, herdanza cultural, futuro caótico, tertulia de café. A través da Avenida, descubrín o interesante portfolio fotográfico de Pedro Guimarães e os seus ensaios fotográficos sobre a cidade, e outras olladas: Asia.

Desta foto, o Pedro comenta o seguinte, e ten moita razón:

Este tipo de evento é tão famoso pelo seu conteúdo como pelo número de fotógrafos que atrai. Conseguir uma fotografia “livre de fotógrafos” é ainda mais difícil do que fazer uma boa fotografia. Dou um prémio a quem encontrar um fotógrafo chamado Alfredo Cunha nesta imagem.

Tags: Diario

Esperando pola túa opinión

  • Aínda non hai comentarios. Pero podes iniciar a conversa empregando o formulario de abaixo.

Coméntanos algo