Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Os blogastrónomos en A Nosa Terra TV

Febreiro 12th, 2008 · 3 Comentarios

A poucos días do inicio do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela, A Nosa Terra xuntounos a cinco blogastrónomos para tomarlle unhas tapas e gravar a conversa. De aí quedou este estupendo vídeo no que falamos sobre como xurdiu todo, do estado da cociña galega actual, do Código Cociña, do Fórum, do I Encontro de Blogueiros Enogastronómicos que realizaremos no seo do Fórum e do que se terciou, como teñen que ser as cousas nun bar.

Desde aquí, moitas grazas a Ana Camiño e a Xosé Bocixa por un tan profesional traballo: sen dúbida, neste momento ANT está a facer a aposta máis importante do ciberxornalismo galego nos formatos audiovisuais, como podedes ver na súa canle de YouTube.

Actualización 12/02/08: Xa está publicada a noticia: De cervexas cos blogastrónomos.

Tags: Diario · Paparotas & Co

3 respostas

  • Pilar // 12 Febreiro 2008 at 1:12 pm

    Cuanto me alegra de que todo vaya saliendo tan bien. Me va a ser imposible(por trabajo) acudir al encuentro del Forum, pero con vuestra dedicación, estaremos todos muy bien representados.

    Un bico

  • matematicaspaladaryfogones // 12 Febreiro 2008 at 3:32 pm

    Meus parabens polo video.
    Estades a conseguir grandes cambios que van a ser moi bos para todos nos.
    Enhoraboa polo traballo feito

  • Paco Penas // 19 Febreiro 2008 at 9:01 pm

    Eu só vin o enlace de Código cociña e xa me tirei a piscina. Agora, despois de lervos, sinto escalofrios…
    Ao final tamén vou ter que escribir, levo catro anos co meu blog e sempre tentei fuxir porque xa me parecía demasiado as longas xornadas que lle adico aos pratos combinados :-)
    Bueno, prometo non sufrir, deixareime levar, deseguro que algo caerá.
    Parabéns a todos polo iniciativa e longa vida ao Código Cociña.

Coméntanos algo