Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario, Libros

O futuro do libro a debate en Vigo

22 / Xaneiro/ 2008 Sen comentarios

Como clausura da excelente exposición sobre os deseños de portada de Xohán Ledo titulada «As caras do libro», organizada pola Editorial Galaxia, mañá participarei en Vigo na mesa redonda Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes sobre o futuro do libro ante a perspectiva das novas tecnoloxías, que promete ser ben interesante: debido ao momento especialmente vibrante que vivimos co xurdimento de novas interfaces, novas tecnoloxías e a xeneralización do uso de Internet en boa parte dos ámbitos da produción cultural.

Participarán Óscar Sánchez (aka Pawley), ben coñecido no blogomillo polo seu blog Días estranhos, o escritor Francisco Castro -recentemente fichado por Galaxia para encargarse dos proxectos dixitais da empresa-, a escritora e xornalista Rosa Aneiros e a xornalista María Yáñez. Eu farei un esforzo e dedicareime a moderar. ;-)

A mesa redonda celébrase o mércores 23 de xaneiro, ás 19.30 horas, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Policarpo Sanz, 21, Vigo). Se te apetece pasar por alí, será un pracer que te unas á conversa e poder saudarte en persoa.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.