Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Baixo os blasóns e sillares do viño en Pazos de Arenteiro

Novembro 4th, 2007 · Esperando pola túa opinión

Din que a pequena aldea de Pazos de Arenteiro ten a maior concentración de pazos por metro cadrado por Galicia. E a nosa descuberta de tan insólito lugar foi toda unha fantástica sorpresa. A aldea está no concello de Boborás, no Ribeiro. Hai que meterse nos montes pola estreita estrada, subindo o exhuberante curso do río Avia, pero ben merece a pena. O primeiro que ves é a medieval Ponte da Cruz, manténdose a duras penas sobre o río desde que ficou mancada nos enfrontamentos da Guerra da Independencia. Outra ponte medieval mantén un misterioso debuxo dunha figura e a cruz do Santo Sepulcro. Dan gañas de malescribir unha novela de misterio e forrarse. A aldea foi unha encomenda templaria, logo recuperada pola Orde de Malta, e nela prosperou a aristocracia do viño. A vella encomenda dos cabaleiros aínda se conserva como casa de turismo rural. E ao redor da igrexa apréixanse un montón de pequenos pazos blasonados destes fidalgos vinícolas que escolleron un estresante e mínimo espazo neste solitario corazón do Ribeiro. As balconadas pétreas érguense entre estreitos calexóns. E, de súpeto, un pode descubrir pequenos xardíns, portóns do século XIV ou XV.

arenteiro_1.jpg
A Ponte da Cruz, destruída na Guerra da Independencia. Fotos: Sole

arenteiro_2.jpg

arenteiro_2b.jpg

arenteiro_3.jpg
Antiga Encomenda da Orde dos Cabaleiros de Malta

arenteiro_3b.jpg

arenteiro_4.jpg

arenteiro_5.jpg
Os pazos están construídos rebaixando o nivel das grandes laxes da zona. Neste, a Casa de Arriba, os chanzos e os cimentos están labrados na pedra.

arenteiro_6.jpg
Os herdeiros das antigas familias repartiron o interior dos edificios. Mentres un sector se mantén en pé, outro se converte nunha xungla vexetal.

arenteiro_7.jpg
No XIX, unha familia construíu esta pequena vila e vestiuna cun fermosísimo xardín francés no fondo da aldea; os magnolios perfuman a carballeira e as vides.

Tags: Diario · Paparotas & Co · Roteiros

Esperando pola túa opinión

  • Aínda non hai comentarios. Pero podes iniciar a conversa empregando o formulario de abaixo.

Coméntanos algo