Yolanda Castaño, os Aduaneiros e o bucle infinito

18 / October/ 2007

in Diario, Tendencias en deseño

[lang_gl]Ía escribir algo sobre o tema Yolanda Castaño vs. Aduaneiros, pero sonvos sincero, aburrinme moitísimo redactándoo. Todas as visións posíbeis do asunto xa andan circulando por aí. Pola miña conta, só digo que, xudicialmente, ningún xuíz mandaría retirar o interactivo, como ben sabe un curtido veterano como Perfecto Conde. Iso si, sería moi factíbel que obrigara a medidas sobre o tema dos comentarios.

En todo caso, como lle comentaba agora a un amigo polo messenger, eu creo que é unha desas polémicas cíclicas da cultura galega que, ao ritmo de dous ou tres por ano, animan o cotarro nacional dunha cultura e unha sociedade na que non se adoita discutir -seriamente- doutras cuestións se cadra máis relevantes. Iso si, gústanos posicionarnos cando se trata de enfrontamentos con nomes e apelidos, morbo detrás e pouca consecuencia colectiva. E, se non, miremos o caso que lle facemos todos na blogosfera a temas graves e con consecuencias para todos, coma o que está a pasar co Courel, o Plan de Piscifactorías, o perigoso nivel de endebedamento da clase media, a emigración da mocidade que formamos ás capitais tecnolóxicas de Europa, o xeito no que integramos ou desintegramos aos inmigrantes que chegan aquí, e a nai que nos pareu a todos. O ano que vén tocará outra entre un blog de novos creadores e un escritor veterano, ou así. E todos nos volveremos a alporizar por un asunto de igual relevancia e trascendencia social.

oz_infinito.jpg

Pola miña conta, nunca mellor ao caso este interactivo que publicou o Sci-Fi Channel: Infinite Oz, convidando a nove artistas a que crearan un universo paralelo. Está inspirado (e recoñecido expresamente) naquel chulo ZoomQuilt. Todo un paradigma do noso aburrido eterno retorno. [/lang_gl]
[lang_es]
Iba a escribir algo sobre el tema Yolanda Castaño vs. Aduaneiros, pero os soy sincero, me aburrí muchísimo redactándolo. Todas las visiones posibles del asunto ya andan circulando por ahí. Por mi lado, sólo digo que, judicialmente, ningún juez mandaría retirar el interactivo, como bien sabe un curtido veterano cómo Perfecto Conde. Eso sí, sería muy factible que ese juez obligase a tomar medidas sobre el tema de los comentarios.

En todo caso, como le comentaba ahora a un amigo por el messenger, yo creo que es una de esas polémicas cíclicas de la cultura gallega que, al ritmo de dos o tres por año, animan el cotarro nacional de una cultura y una sociedad en la que no se suele discutir -seriamente- de otras cuestiones a lo mejor más relevantes. Eso sí, nos gusta posicionarnos cuando se trata de enfrentamientos con nombres y apellidos, morbo detrás y poca consecuencia colectiva. Y, si no, miremos el caso que le hacemos todos en la blogosfera a temas graves y con consecuencias para todos, como lo que está pasando con el Courel, el Plan de Piscifactorías, el peligroso nivel de endeudamiento de la clase media, la emigración de la juventud que formamos hacia las capitales tecnológicas de Europa, la manera en el que integramos o desintegramos a los inmigrantes que llegan aquí, y la madre que nos parió a todos. El año que viene tocará otra entre un blog de nuevos creadores y un escritor veterano, o así. Y todos nos volveremos a cabrear por un asunto de igual relevancia y trascendencia social.

oz_infinito.jpg

Así que nunca mejor al caso este interactivo que publicó el Sci-Fi Channel: Infinite Oz, invitando a nueve artistas a que creasen un universo paralelo. Está inspirado (y reconocido expresamente) en aquel chulo ZoomQuilt. Todo un paradigma de nuestro aburrido eterno retorno.[/lang_es]

{ 4 comments… read them below or add one }

ekis1331 19 / October/ 2007 at 6:19 pm

Suscribo palabra a palabra a túa opinión ao respecto do tema Castaño, que dito sexa de paso me parece unha gran poeta, o cortés non quita o valente.
A viaxe foi alucinante, moloume moito, es unha caixa de sorpresas.

magago 19 / October/ 2007 at 9:54 pm

Si, miraches o ZoomQuilt tamén? Os de Sci-Fi inspiráronse nel. É algo máis cutre pero vai moi ben:
http://www.markus-neidel.de/zoomquilt2.html

ekis1331 20 / October/ 2007 at 3:21 am

Efectivamente, non ten o acabado técnico do de Sci-fi, incluso a calidade das ilustracións e sensiblemente inferior, e sen embargo resúltame moito máis suxerente e imaxinativo. Aquí poderiamos dicir aquilo de que “as segundas partes…”

Suso Rubio 20 / October/ 2007 at 1:53 pm

Pois si, en chuza.org fixeronse moito eco da nova, acusando na maioría dos casos a poetisa mediática Yolanda Castaño. Se eu fose ela deixaria a cousa tal como está porque insultar na rede é moi doado, a Aduaneiros, un mínimo control da educación nos comentarios tampouco lle viña mal, non? Hai moi pouco tamén houbo unha vistosa guerra dialéctica entre Marta Rivera de la Cruz e algúns blogueiros…tés razón, o binomio novos creadores-escritor/a consagrado da moito xogo :)

Deixa un comentario

Previous post: Love in the first person: un autodocumental sobre o inicio da vida adulta

Next post: [lang_gl]Maximum Vegas, a espectacular web dun complexo hoteleiro[/lang_gl][lang_es]Maximum Vegas, la espectacular web de un complejo hotelero[/lang_es]