Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario

La Tagliatella, un novo italiano en Compostela

27 / Setembro/ 2007 4 comentarios

Unha regla non escrita asegura que calquera restaurante de comida foránea que pretenda instalarse en Compostela cun mínimo de pretensións está condenado ao fracaso. E, por suposto, como todas as reglas, sempre hai unha excepción. No caso compostelano, a excepción son os italianos. Os italianos son tolerábeis para todo o mundo, e o seu prezo, máis axustado, permite que teñan unha boa concorrencia estudantil. La Tagliatella é un novo restaurante italiano -en realidade, unha franquicia de orixe catalana-, aberto hai pouco na zona nova compostelá (Fray Rosendo Salvado, 10 – 881 93 98 22) e xa se convertiu no mellor do seu xénero na cidade, aínda que isto último non sexa nada complicado. La Tagliatella colle a súa carta da tradición do noroeste de Italia: Liguria, Piamonte, Emilia-Romagna, cunha oferta de pastas ampla e as pizzas, dou fe, son as mellores que se fan na cidade. Da adega non vos podo dicir nada, porque foi unha visita de supervivencia noturna. Os prezos, sobre uns 18-20 euros, con entrantes e sen viño.

4 comentarios »

  • eula di:

    E logo Tivolino e líncontro non teñen nada que facer?
    Apunto a suxerencia e irei probala cando poida…

  • magago di:

    Si, Eula, na miña humilde opinión é bastante mellor que L’Incontro e Tivolino, nesta orde, ademáis…

  • arume dos piñeiros di:

    En Vigo, funciona desde hai un ano (Rosalía de Castro), con cheos absolutos case todos os fins de semán, tarde e noite. Non está nada mal, con racións excesivas para o meu gusto. Se van moitos, mellor pedir algunhas racións menos. Moitos camareiros, servizo rápido (porque hai xente sempre esperando para un segundo turno) e agradable. Unha boa franquicia, cun bó gusto na decoración.

  • magago di:

    Si, Arume, coincido co das racións enormes (dos catro que fumos, ningún fumos quen de rematalas). O das franquicias de calidade é un concepto dos últimos anos que ben merece un post de seu.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.