Público consolida un novo modelo de deseño de cibermedios

publico.jpg

Da aparición do xornal Público hoxe (sempre é boa noticia a aparición dun xornal), precedida dun notorio fluxo de información por confidenciais e non tan confidenciais de Madrid, chámame a atención como o seu deseño para a edición web consolida o deseño a dúas columnas que inaugurou en España o 20 Minutos e que continuou o ADN. Trátase dun estilo visual moi definido caracterizado por:

  • Estrutura en dúas columnas para unha resolución de 1024 píxeles de ancho
  • Grandes diferencias no tamaño das fontes entre titulares e corpo da información,
  • Edición moi horizontal das fotografías
  • Densa e abundante malla visual
  • Simplificación das caixas de contido
  • Información actualizada á esquerda e contidos especiais á dereita

Este feito non é menor. Ata o momento, os cibermedios na web seguían, nos seus redeseños, modelos dos diarios de referencia en vendas; pero aínda que Público é de pago, busca o modelo dos xornais gratuítos e desmárcase claramente do deseño, máis complexo e con máis columnas, das edicións dixitais dos grandes medios en papel. Por certo, gustoume moito o xeito no que propuxeron os seus principios editoriais.

4 Comentarios

  1. 26 / Setembro/ 2007

    Curioso. O xornal “Público” português (www.publico.pt) tamém mudou hai bem pouco o deseño da edición impresa.

    Seica non só comparten URL.

  2. 27 / Setembro/ 2007

    pois q qres q te diga… a min semellame estar a mirar o ADN na web… e o ADN en papel, só que con mais follas…

  3. 27 / Setembro/ 2007

    O xornal non é excesivamente innovador en contidos nin en deseño, ao meu ver.

    No caso dos contidos, eu agardaba unha aposta máis fresca, igual que no deseño, aínda que non é doado atopar un equilibrio entre densidade informativa e o atractivo visual na época na que Internet está a canibalizar á prensa. Eu, con todo, daríalles tempo. Se cadra, polo de agora, aínda teñan que demostrar cousas para dentro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *