Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario

A beta de ADN: unha interesante nova vía

17 / Xullo/ 2007 Un comentario

adnbeta.jpg

Pois hoxe estamos que non paramos con novos deseños e produtos web. O amigo Juan Varela liberou a beta do agardado novo ADN na web. O deseño diferénciase claramente dos modelos máis clásicos da versión dixital dos xornais en papel e aproxímase ao seu veciño directo, o 20 minutos. Moitos elementos inciden nesta cuestión: o uso de manchas de cor sólidas, as numerosas estruturas en bloques e a opción por moitos tickers de información que se amplían de xeito horizontal, valéndose das novas posibilidades da combinación de CSS e AJAX. Aínda que a estrutura interna das noticias é bastante convencional, resulta moi chamativa a implicación directa dos usuarios, que vai formalmente algún paso máis alá que as experiencias de xornalismo cidadán doutros medios. Especialmente chamativo é, por exemplo, a inclusión no segundo pantallazo das iconas dos usuarios máis activos da comunidade, ao estilo dos medios sociais, ou o traslado a portada dun badge estilo Flickr coas fotos dos usuarios. O movemento de usuarios en tempo real pódese apreciar no deseño de Vuestro ADN, a central de xestión de contido dos lectores. Iso non quita que, ás veces, a publicación dos comentarios «fóra de contexto» xenere algunha confusión.

Tamén é relevante, aínda que xa é unha experiencia máis coñecida, certa «mashupización». Na zona inferior, ADN incorpora un mash-up de Google Maps no que posiciona información de carácter xeográfico (franquicias da NBA, por exemplo), pero o resultado non está ben resolto, ao meu ver: excesivamente horizontal e tan só aporta os nomes das cousas (non sería moito mellor un listado?). ADN parece centrarse nun concepto moi activo da información, destinada a rotar e consumirse moi rapidamente. O número de seccións é moito máis reducido que nun xornal convencional, pero non parece que o almacenamento e recuperación posterior sexa demasiado importante (non atopei un buscador en portada). Información rotando con rapidez, destinada á conversa e á distribución, con licenzas abertas de contido. As tipografías grandes, as entradiñas pequenas parecen fomentar ese concepto de portada como «base da pirámide».

O novo ADN consolida unha (segunda? terceira?) vía no deseño de cibermedios. Novos formatos que xa se desprenderon de prexuízos anteriores e buscan un camiño de converxencia novo cos produtos informativos xurdidos por fóra do sistema.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.