Por seguir con mosteiros.
As lectoras e lectores de Capítulo 0 lembraranse do desastre ruinoso do Mosteiro de San Paio de Abeleda, en Castro Caldelas na Ribeira Sacra. Podes refrescar a memoria aquí. Viramos nun reportaxe de tele que alí dentro conservábanse numerosas pinturas, e que mesmo os capiteis románicos estaban aínda policromados. Isto é case insólito en Galicia: na Idade Media, todo o interior da igrexa estaba cheo de pinturas simbólicas, pero diversos avatares do paso do tempo fixeron que esta pintura fose eliminada. A igrexa do mosteiro de San Paio de Abeleda é un dos poucos exemplos en Galicia nos que aínda se conserva cores nos capiteis, achegándonos intensamente a como podían verse esas esculturas hai mil anos.
Sen embargo, non puidemos velo. O pórtico orixinal da igrexa románica estaba brutalmente tapiado con bloques de cemento ante a indiferencia das autoridades. Sen embargo, Marita Martín estivo alí antes de que o dono tapiara as portas do templo medieval. E tirou fotos e mandoumas hoxe. Publico aquí algunhas e dentro duns días subirei o resto ao pool de fotos de San Paio que teño en Flickr. Pódese apreciar pinturas do XVI-XVII, e os capiteis pintados. Flipa. Especialmente coa última foto. Moitas grazas, Marita!






Impresionante as cores dos capiteis, si señor. Pronostico un gran exito deste album de….Mosteiros galegos en ruinas. Este servidor ofrecese para repartir o traballo e sacar unha colección enteira.
Adiante, Leolo, por desgraza hai moito traballo por facer! Eu parto dunha base: as pequenas achegas de cada quen. Por iso preocúpame bastante en documentar o “estado das cousas” e facelas visibles. Non pode ser que practicamente non haxa NADA de informción sobre Melón ou San Paio de Abeleda na rede.
Interesantisssimo! Eu tamén opino o mesmo as pequenas achegas de cada quen poden facer visibles monumentos ós que o mais normal é que non se poda chegar a ver nada de nada…
Unhes compañeiros fumos alí a visitar o monumento e maldito o día en que nos achegamos aló… que magoa! que raiba! un non acaba de entender que é o que pasa eiquí, non somos moi normais… ou iso parece.
Eu estiven fai cinco ou seis anos vendo o interior da igrexa e era espectacular esas cores. Os capiteis con esas bestas lembrábanme a máscaras de demonios orientais. Tamén había un capitel nunha porta de entrada dun muro exterior que tiña un estrano dragón bastante curioso.
Ei de buscalos e envialos.
Saúdos,
Moitas grazas, Castor, a verdade é que me espertaches moita curiosidade.
Podes enviarmas a magago@gmail.com. A ver se entre todos conseguimos documentar axeitadamente ese monumento, xa que non se pode visitar.