Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Como podiamos beber isto?

26 / June/ 2007 2 comentarios

Eu creo que o mundo dos chupitos alcólicos é como MySpace ou MSN Spaces: inconmensurábel, excéntrico e desafía toda comprensión humana por parte dos que superamos os 21 anos. Digamos que as técnicas de elaboración deste tipo de mexunxes son cada día máis sofisticadas, pero vasme perdoar, porque a miña curiosidade vaise quedar só en ver vídeos como este: deixaremos a cata para os entendidos. Mesmo en primeiro de carreira, ese pozo de fondo, nunca me gustou beber cousas de cor verde ou lila. Pero mirade ese barman: que imaxinación, que creatividade, que falta de escrúpulos! O vídeo é parte da reportaxe Los chupitos en Compostela, que Sara Ríos, Carolina Regueira e Ánxela Rodríguez realizaron para Exploradores Urbanos neste curso.

P.D. Non te perdas o terceiro chupito, a Batiqueira, contra o final.

2 comentarios »

  • Colineta says:

    O “batiqueira” é xa unha antigualla. Era a moda en Madrid hai 20 anos. Outro “curioso” daquel tempo era un chupito que habñia que axitar con violencia e alevosía, así que che poñían un casco de albanel e petaban con el na túa cabeza. ¡Joventude, como lle gusta o carajillo! dicía un vello coñecido meu das noites de Malasaña.

  • magago says:

    Colineta, non sei como estamos vivos. :-)

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.