Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario, Ligazóns

Eyetrack’07: primeiras conclusións sobre como len os usuarios a web hoxe

30 / March/ 2007 Sen comentarios

eyetrack07.jpg
Dispositivo para análise da atención do lector empregado no Eyetrack’07

Sarah Quinn e Peggie Stark, do Poynter Institute, avanzaron en Washington os resultados do Eyetrack’07, o estudo que tenta determinar como os usuarios len na web e, tamén nesta edición, nos medios impresos. Cinco achados claves:

-A xente le máis na web. Os lectores len un porcentaxe máis grande do texto dunha noticia na web (77%), que no papel. E dentro do papel, le máis nos xornais formato saba (62%) que nos tabloides (57%).
-Hai dúas pautas de lectura, métodica ou de escáner. No papel, un 75% dos usuarios son metódicos, e na web a porcentaxe baixa a un 50%. Pero tanto os que seguen unha pauta como a outra, len a mesma cantidade de texto.
-Os formatos alternativos de representación da información axudan aos lectores a entender . Formatos como a entrevista, as listas, axudan a incrementar a atención do usuario ata un 15%.
-En prensa, as grandes fotos e titulares atraen a atención no usuario. Pero, curiosamente, na web, funcionan como principais condutores da atención elementos direccionais como barras de navegación, columnas de titulares, ladiños.
-As fotos que funcionan en prensa son aquelas “documentais”, nas que o protagonista realiza accións, en comparación cos posados ou as fotos de estudo.

Ver texto, vídeo e un documento coas principais conclusións.

Temos falado anteriormente sobre o Eyetrack, que era unha ferramenta básica para desvelar o comportamento dos usuarios fronte a un sitio web. O que me resulta especialmente interesante do Eyetrack é como amosa de xeito interesante os nosos mecanismos de percepción, amosando como funciona a nosa forma de comprender o mundo e analizar o que acontece diante dos nosos ollos. Aquí podemos ver un divertido caso práctico do seu uso, neste anuncio de Martini:

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.