Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Ligazóns, Paparotas & Co

O Restaurante O Dezaseis, de Santiago, reseñado no New York Times

12 / Marzo/ 2007 Sen comentarios

dezaseis.jpg
O restaurante compostelano O’Dezaseis no New York Times

Anda que non acabo de levar unha sorpresa ao atoparme o restaurante O’Dezaseis, que rexenta Suso na rúa de San Pedro de Santiago de Compostela, amplamente reseñado na edición do domingo do New York Times. A crítica louva a relación calidade-prezo do Dezaseis, pero fíxome especialmente graza o inicio da crónica:

«Santiago de Compostela leva sendo unha cidade turística desde hai un milenio; e abofé que o parece, coa súa tremenda catedral central, enormes prazas céntricas e un antigo hotel, agora un parador. Así que atopar o restaurante axeitado pode ser tan desafiante como buscalo en Disneylandia».

Tamén resultoume especialmente divertido como se refire Mark Bittman aos nosos grelos: unha «Galician obsession«. Moitos parabéns!

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.