Chegamos a Pontevedra de noite. A cafetería do Pazo de Congresos suspéndese sobre o río, e o Lérez, xa ancho pola ría, está cruzado continuamente por piragüistas. ¿Poden os piragüistas contribuír a proporcionar o sosego e calma da última hora da tarde, cando deixamos de traballar? Si, de acompañar a súa visión cun pouco de jazz traballado con ilusión polos alumnos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. A Pontevedra préstalle o jazz.
Aproveito para experimentar coa gravación de vídeo do Nokia N70. Sen dúbida, a mellora é notábel con respecto a anteriores modelos de Nokia. Para comezar, arquiva en MP4 e non en 3GP, co cal consegue unha mellor compresión da imaxe. E, como podedes escoitar, o audio non está nada mal. Xa teño impaciencia por coñecer as calidades de gravación de vídeo, case DVD, do agardado Nokia N95.

Buff, os meses que levo babeando polo N95. Menuda puñalada se van levar as miñas frikiaspiracións multimediais cando se faga público o prezo ;)
Polo que dixeron no 3GSM, non só ten (case) de todo, senón que todo o fai ben, cousa rara nestes aparellos multifuncións. Eu o único “pero” que lle vexo a priori é que debe ser difícil aproveitar a pantalla en horizontal para navegar (pola posición do teclado, que ademais non é qwerty).
Por certo ¿como te fixeches cun N70?
Vaiche andar polos 600 euros, pero dígoche eu que o principal fixador do prezo final será o do iPhone. O que pasa é que o N95 sairá antes por aquí que o iPhone. Será unha batalla interesante.
O n70 non é meu, fixen unha apropiación indebida. :)
Un par de semanas antes de que se anunciase o iPhone, falaban do n95 pola volta dos 550/600€, pero libre, sen os 2 anos de permanencia do de Apple.
Particularmente, con todo o que me gusta o novo concepto de interface e usabilidade do iPhone, quedaríame co n95 (autobombo,autobombo!).
Claro que é como decidir se prefiro un Porsche ou un Ferrari. Eu podo falar moito, pero o bolsillo é o bolsillo xD