Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

II Xantanza de Blogastrónomos: un novo encontro de amigos no Restaurante Solla, en Poio

9 / February/ 2007 4 comentarios

solla_mosaico.jpg

Algúns estamos que non paramos porque chegue o sábado: será a II Xantanza de Blogastrónomos no Restaurante Solla de Poio. Todo sinala que será unha xornada memorábel: Pepe Solla xa está preparando fogóns e nós apetitos. Non hai combinación máis potente. Eu xa teño comentado que a Casa Solla é un dos laboratorios nos que se está a construír parte do mellor da cociña galega do presente. Ademais, o Foucellas argallou o World Xantanza Photo, un concurso fotográfico ao que, xa aviso, voume presentar co meu teléfono, en plan sobrao (¡tremede, Panasonic Lumix do colectivo!). En fin, un bo momento para botarse unhas risas e disfrutar ao redor dunha mesa. Estaremos (tomo a lista copiada do blog do Gourmet):

-Fini, de Cocinalia.
- Ramom, de Alamut Bizblog.
- Catuxa, de Deakialli.
- Eu.
- Sole, de La Caja de los Hilos
- Xosé Manoel, de Laconada
- Alejandro, alias Manoel Foucellas, de Pantagruel, Supongo
- Salomé, alias Moraiminha, de De Pinchos
- Óscar, alias Makeijan, de Another Cow in the Corn
- Miguel, alias Colineta, de Colineta
- César e Chus, blogastrónomos sen blog
- Jorge, o Gourmet de Provincias
- Xesús, outro blogastrónomo sen blog.
- Mónica, alias Geiko, de Geiko.

4 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.