O bo que ten o Día de Defuntos é que ninguén o toma o que se di en serio, en serio. É así que grazas a este periodo de escarnio fúnebre global recupero da memoria a famosa historia da fantasmagórica foto tomada pola señora Mable Chinnery do seu home no coche, esperando á saída do cemiterio, e na que aparece esa misteriosa cara atrás.

Na divertida As dez mellores fotos de pantasmas tiradas nunca poderás resucitar vellos clásicos fotográficos que a televisión reitera dende o tenebroso despacho de Jiménez del Oso, as reportaxes con reclutas que viron estrañas luces ata o extraño, muy extraño Íker Jiménez. Bótate unhas risas á miña conta.
E baixando o ton frívolo, non podo resistirme a postear neste día a vella obra mestra de Murnau, Nosferatu (1922), que xa pasou ao dominio público e que aquí está completiña, e que pode ser unha estupenda proposta para botarse unhas fúnebres risas esta noite.
Feliz Día de Defuntos. Non me digas que non é unha data entrañábel.

Esta noite non vou perder o programa da TVG de “Antes do silencio” porque seguro que é especialmente friki con iso de ser na Noite de Defuntos ;)
Manoliño, como me fixeches lembrar os meus anos de cinéfilo en Madrid, cando non me sacaban da Filmoteca nin con calzador. Que maravilla o antigo cine alemán: Nosferatu, O Golem, O Gabinete do Doctor Caligari, M. o Vampiro de Dusseldorf… Nunca máis volveron facer cine igual os teutóns.
Marcus, estou dubidando se mirar a frikada esa de Antes do Silencio ou ver Ronin, a peli de Robert de Niro e Jean Reno que leva esperando por min varios anos…
creo que confiarei en que fagas unha escolma “ampla” das túas en Marcus.es.
;-)
colineta, acábame de espertar vostede da tumba ao Vampiro de Düsseldorf. Canto tempo que non vexo enteira unha peli do expresionismo alemán!
Manolo, ó final Antes do Silencio foi unha trapallada e non un especial “Noite de Defuntos”. Eu coidaba que falasen dos temas típicos do día, pero fixeron un programa normal. Iso si, agora os programas xa se incorporaron ó catálogo á carta da TVG, polo que se poden ver en diferido.
Fixeches ver en ver Ronin, que é unha boa película aínda que teña “dúas persecucións” (Pumares dicía que cando na película había “unha persecución perfecto” a repetición non achegaba nada á obra).
Don Manuel, non me negará vostede que Peter Lorre fixo nesa película de Fritz Lang (“M”, na versión orixinal) o papel da súa vida, inda que a meirande parte dos espectadores o lembren polo papeliño de Casablanca. Cando Fritz Lang marchou a Estados Unidos o cine perdeu un gran director, que en América quedouse se unha boa parte dos seus folgos. Da súa etapa americana únicamente lembro con verdadeira paixón una película de aventuras, Moonfleet (Aquí “Los contrabandistas de Moonfleet”) unha pelí de piratas de cinco estrelas, cun Stewart Granger que se sae da pantalla e un rapaz (non sei o nome do actor que interpretaba a John Mohune) maravilloso. Só escoitalo, na versión orixinal, dicir “Yes, sir”, “No, sir” xustifica toda a peli. ¡Ai, que tempos!