Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

O pozo marabilloso de San Xoán da Cova, en Vedra

22 / October/ 2006 3 comentarios

san_xoan.jpg
O paso do río Ulla e a ponte do tren en San Xoán da Cova (Vedra). Fotos: Sole

Marabilloso polos dous sentidos: polo espectacular e fermoso do lugar e polas marabillas fantásticas que alí acontecen, ou cando menos iso aseguran as lendas. San Xoán da Cova, unha paraxe ao carón do río Ulla no Concello de Vedra próximo á estrada Santiago-Ourense, é varias cousas ao mesmo tempo, confusas e próximas: un desaparecido mosteiro que os viquingos arrasaron aló a finais do século IX, unha casona de pedra cun curioso patio interior ubicada nun paraxe fermosísimo á beira deste río Ulla, na que moitos aseguran que estivo encravado o primitivo mosteiro. Pero San Xoán da Cova tamén é un profundo pozo do río Ulla, ubicado xusto ao carón do desfiladeiro de cuarzo que racha o Ulla no seu descenso. Alí o río pasa malamente por un ancho de tres metros, encaixado entre farallóns. Unha ponte de tren elévase no desfiladeiro. Alí, na base do monte, outros ubican o antigo mosteiro. As crónicas dos últimos visitantes do lugar, no XIX, parecen darlles a razón.

san_xoan_1.jpg
O pozo de San Xoán da Cova

A tradición popular atribúe aos monxes de San Xoán da Cova poderes e enxeños sobrehumanos. Foron eles os que, segundo esta historia oral, crearon o río Ulla. Furaron a enorme parede de pedra brillante e provocaron o desauge do lago que nacía pola outra banda da comarca. Pola outra banda está a ínsua, lembranza dunha antiga illa formada polo río que hoxe é unha solitaria fraga. Deste mosteiro parecen atoparse anacos nos recantos máis insospeitados. A existencia dunha cova que se adentra nos penedos de cuarzo, similar á próxima do Pico Sacro, parece real, aínda que nós non a buscamos aínda. O lugar é unha auténtica compilación da tradición fantástica da cultura galega. Podes ler o texto que escribiu Henrique Neira das lendas do lugar -quen, por certo, dedicou un excelente capítulo histórico do seu libro sobre a Comarca da Ulla ás vicisitudes do mosteiro ao longo da historia-. Aquí a tradición oral sobre o lugar aínda está moi viva. Convídoche a que escoites por ti mesma as lendas, a través da gravación que fixen este sábado dunha informante ao carón mesmo da ponte:

E un par de engadidos: un xogo de localizacións para Google Earth dos lugares vinculados ao mosteiro e un último clásico: o triste destino das pedras do desaparecido recinto:

san_xoan_2.jpg
Obsérvese o capitel románico (á esquerda) sostendo a trabe

3 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.