Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Don Pedro de Soutomaior Neve Carbónica e Nora 2005, a explosión da froita

25 / July/ 2006 Sen comentarios

Nestes días de discusións libanesas non tomaremos tintos do Chateau Kefraya -unha das clásicas casas do val da Bekaa- para falar do terror civil, da enésima desfeita dun país con potencialidade para moderar a zona, da imprudencia diplomática, das pusilánimes xestións do noso goberno continental. Farémolo, máis ben, a ritmo de brancos, de brancos excelentes que conseguen darlle unha volta máis ao albariño e levaranche moito máis alá do seu sabor tradicional. E permíteme que mesture viño e política: en realidade, nunca andiveron moi separados. Pero ao noso.

Non deixes de probar o Nora 2005: este sofisticado albariño viñificado por Alistair Gardner nas Neves presenta un padal máis tostado, acidez moi lene e un sobresaínte aroma a pexego que vai sorprender e volverte a preguntar que tipo de viño estás a beber. A sorpresa é normal, porque este enólogo neozelandés adaptou o viño a un gusto máis internacional pensado para un público de exportación. De aí tamén a certa excentricidade da súa etiqueta.

Outro branco albariño -do Rosal- de etiqueta negra é o Don Pedro de Soutomaior Neve Carbónica. Dirás: ¿pero que raio lle fan estes tipos ao viño? Pois máis ou menos o de sempre, pero máis tecnoloxizado. A maceración carbónica é a técnica máis antiga de fabricación de viño: directamente a uva sen rachar, depositada nun lagar durante un tempo determinado. O que fai a xente de Galiciano con Don Pedro é engadirlle xeo seco a -40º que queima o pelexo da uva para así obter aromas máis profundos. Deste xeito, o Don Pedro revélase como un viño branco complexo, con sabores a frutas exóticas e, sobre todo, moi maduras que pode ser autenticamente delicioso.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.