Last updated on 18 / Outubro/ 2007
Comedor do restaurante A Estación (Cambre) nas antigas dependencias de Renfe
Non son home de fixarme moito nos detalles, pero hai veces nas que son os detalles os que se fixan en ti e se convirten nalgo moi importante. Mira o comedor de enriba: á esquerda, por riba desas mesas, pasa unha émula dun tendido eléctrico de posguerra; á dereita, un reloxo de estación, lembrando o pasado funcional deste espazo. Aquí, no restaurante A Estación de Cambre ( 981676911), hai como un montón de detalles que excitan o noso sentido da observación pero que non anulan o verdadeiro sentido de por que estamos aquí. Vexamos outro detalle que me deixou sorprendido:
Ben, este é un tomate recheo acompañado de escuma de queixo San Simón. Fíxate en que se tomaron a molestia de pelalo e logo pórlle, de novo, as folliñas. Pero…
…ao abrir un tomate un descubre que o recheo foi depositado coidadosamente en cada unha das cavernas interiores do tomate, sen alterar o máis mínimo a estrutura do froito!!! Quen se tomou este traballo? ¿Quería conseguir esta sorpresa para nós? O recheo é moi delicado: xogando co mesmo tomate, queixo, albahaca, suave, sen cambiar a propia textura e sabor do froito, enfatizándoo. Refírome exactamente a iso. Pero tamén que as camareiras coñezan perfectamente a maridaxe dos pratos da carta e a composición da adega da casa e saiban recomendala.
Nós optamos polo menú degustación, que cambia de semana en semana, por moito que sorprenda. E foi un baile de sabores e cores, que nin sequera agardabamos, cheo de sorpresas. Verás: comezamos cunha degustación de aceites de Tarragona, fantásticos, moi diferentes entre si, que a mesa deixou alí, entre prato e prato, para atenuar as esperas (que a penas duraron). Despois seguimos cun aperitivo: unha navalla en chupachup que contaba cunha cunquiña de sopa de castañas con aceite de fiuncho; logo seguimos polo devandito tomate que viches antes; logo seguiu unha vieira á grella con ensalada morna de lentellas e foie (incríbel, o mellor da sesión), e continuamos con bonito fresco asado en folla de parra sobre unha sopa de nécoras (intelixente solución para suavizar a sequedade -mínima- do bonito). O plato forte do menú era un capón confitado con crema de castañas e cogumelos que era un desfase. Despois da violencia gustativa do capón, pasamos a relaxarnos cun blue gin tonic, un sorpresivo cóctel de xenebra azulada de angostura, xelatina e capas de xeado e clara na zona superior. Rematamos a festa cun coulant de chocolate feito ao momento con xeado de leite. O café tamén, excelente. 36 euros por cabeza, pero ben pagados. Acompañamos o paseo cun Castillo de Monesma crianza 2000, un cabernet sorprendentemente mineral.
A sensación é como se Xoán Manuel Crujeiras, o propietario da Estación, e a notable condución da xefa de cociña, Bea Soutelo, reconstruiran o estado intermedio que non existiu entre a cociña tradicional galega e a invención da restauración contemporánea. E o resultado é, desde logo, sorprendente e recomendábel.
No interior do post tes fotos en detalle.
Cata de aceites
Aperitivo de navalla con sopa de castañas con aceite de fiuncho. Fotos: Sole
Vieira á grella con ensalada morna de lentellas e foie
Bonito asado con folla de parra sobre sopa de nécoras
Blue Gin tonic
Así como concordei na mala impresión do Mar de Ardora, tamén nesta ocasión concordo, mais agora, moi positivamente.
Vexo que tes gustos moi similares aos meus, X. Xa me recomendarás algún lugar.
:-)
Non, non, de ningunha maneira, un dos poucos trazos de cordura que me quedan e non opinar do que non sei, e menos ante expertos sexan estes da materia que sexan, e culinariamente véxoos a vostedes moi postos.
Un saúdo :-)
este local e bonito pero moi caro para a pouca cantidade que serven.
a min me encantou o primeiro dia e o segundo e o terceiro e asi ata oxe
El sábado fui a comer al restaurante A Estación en Cambre A Coruña Galicia. Llevé un bono de 3 eurochefs que me habían enviado con mi tarjeta Turyocio y previo a la visita consulté la página web de bonochef para ver que estaba todo correcto. Así era. Fuimos al restaurante /cuyo precio medio en su web pone 33 euros por persona). comimos un entrante un plato cada uno postre y vino (de los más economicos de la carta 16 euros) y acabamos pagando 45 euros por persona. Al pagar me dicen que hacer meses que no pertenecen a bono chef y no me admiten el bono.
Quería solicitarles 2 cosas:
– Que actualicen o comprueben la información de sus restaurantes asociados (de 33 por persona a 45 …)
– Que eliminen a aquellos que no pertenecen. (aunque pudo ser una información incorrecta del restaurante)
De todas formas reitero mi queja con el restaurante
5555
hola bea!!!soy Jose luis de Granada,era para saludarte y darte la enhorabuena por el premio.felicidades
ainda que a miña residenza non e galiza, meu corazon sempre está por cariño. nestes momentos a creatividade culinaria de galiza vai moi ben e ti, xoan e bea, ben que o saben. non está feita a merda pra boca dos humans, e por iso mesmo A Estación, deleitanos coa sabiduria e claro, coa mellor calidade e xeito pola nova cociña galega. no deixes a tua forma de traballo, pero vai a valladolid pra votarnos una man. saude compañeiro e perdoa pola gramatica-castrapa. moita sorte e vemonos polo camiño….. madrid fusión 2009!!!!!
visiteino o 21 de nadal con outros 12 amigos, o sitio gustoume moito, a comida non tanto, lembro unha ensalada de boagabante cunha laranxa moi áceda, haberá que darlle outra oportunidade con menos xente e probar o menú degustación
Paréceme a min que tanta trangallada con esta crise vai irse ó c….
sintoo polos que sexan mais finos ca min pero é a verdade, a crise apenas está comezando e a xente anda gastando os cartos en 4 follas de leituga cunha porción milimétrica de carne ou pescado.Non hai nada mellor que cociñar a o teu gusto na túa casiña que ata che sae máis barato. Respeto tódalas opinións pero eu creo que se te paras a pensar racionalmente é o que hai.
o sabado 21 de septembro invitaronme a cear neste restaurante e quedei gratamente sorprendido tanto pola decoracion sinsela e elegante como pola atencion ao publico , unha nota alta
E con respeito a o menu ,sen palabras ,tanto o sabor coma a elaboracion ,si que merece apena ir
Moitas felicidades a Beatriz , Crujeiras e a todo o persoal da “Estación”, como cambrés estou orgulloso. gracias polo voso traballo e por elevar o nome de Cambre o mais alto do OLIMPO:
hola eu espero ir dentro de pouco e espero que me guste tanto como o menu degustacion do artabria na coruña xa que na miña vida comin tan ven.en plan cos sabores e cantidad claro.e impresionante!.o peor o pillar sitio asique despois de ir a estacion xa vos contarei ahh tamen fun o mar de ardura e esta bastante ven o peor e que non ten menu degustacion