Volven as Efeméridas á Radio Galega

Pois esta tempada 2017-2018 terei a honra de poder participar no programa Galicia por diante da Radio Galega. Volvo coa sección as Efeméridas, que xa fixera no verán pasado de 2016. Se non o escoitaches, as Efeméridas son efemérides efémeras: unha ollada á Historia desde relatos e sucedidos que lle pasaron a xentes anónimas, a lavandeiras, labregos, soldados, mariñeiros, redeiras, burguesas, monxas, etc., que protagonizaron a vida desde país desde onde temos rexistros documentais. Así que hai semanas que, por exemplo, celebraremos o 245 aniversario da chegada dun barco ao porto de Cangas, ou a victoria do pleito dunha parroquia sobre un mosteiro, ou a celebración dalgún excéntrico experimento científico no século XIX…historias esquencidas, bonitas, divertidas e emocionantes.

Se queres escoitalas, os xoves ás 11.15 no programa Galicia por Diante da Radio Galega. E teño a sorte de que o gran Dorfun fai despois un podcast coa sección que podes escoitar aquí.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará