Sorpresas interiores na igrexa de Ventosa


Fotos: Sole

A pequena igrexa de Ventosa [localización], no concello pontevedrés de Agolada, agacha un fermoso secreto no seu interior que ninguén agardaría.

O interior acolle unha marabillosa colección de escultura medieval que un non agarda atopar alí.

A impoñente tumba do abade Lope de Ventosa, incrustada nunha tumba na que os expertos ven unha reconstrución do Pórtico da Gloria, pero en pequeno. Non por nada Filgueira Valverde chamaba a Ventosa a “catedral rural de Galicia”. A igrexa románica orixinal case desapareceu polas obras do XIX, e esas obras desmontaron o baldaquino, que os fregueses e o crego foron colocando polas paredes, conformando unha nova arquitectura de representación que fai que deixes levar a imaxinación abraiado.

“Mágoa que non estea todo”, dime un veciño, “o cura anterior vendeu varias das pezas”. Eran os tempos nos que polas parroquias de Galicia campearon unha tribu clerical de impresentables que aproveitaban os excesos de poder que lles outorgara o réxime, e que tantas fixeron polo país adiante.

O que queda é fermosísimo. As escenas bíblicas saen das paredes mentres, por atrás, observamos fermosos frescos tamén do XVI, como son tan habituais neste mundo rural que avanza cara a Ribeira Sacra. A policromia, tapada durante anos pola cal, amósase fermosísima, de cores imposibles, rechamantes.

Entramos vintecinco minutos antes de que empezara a misa, coa conta atrás do tempo que se nos ía entre as mans. E, a cada minuto que pasaba, xurdía un novo detalle. Pero eu procuraba un detalle, en concreto, do que falara Antonio Eiras no congreso Os celtas na Europa Atlántica. Posiblemente os últimos homes verdes de Galicia, os derradeiros green men.

…e velaí estaban os dous. Representados no século XVI, non é casual que estes green men, os homes do bosque, sobreviviran na iconografía desta pequena parroquia rural que, no final da Idade Media, creou -cando xa había aires ben distintos na arte galega- unha especie de último latexo enorme e maxestuoso da representación das crenzas medievais. E, nelas, entre a fronda dos novos tempos, aínda asomaban os antigos homes verdes que encheron as fragas imaxinarias de Europa.

Aquí podes ver a arte da igrexa desde o interior.

54 Comments

  1. 14 / Novembro/ 2011

    Que marabilla. Por redescubrir estas cousas paga a pena facer patrimoniogalego.net.
    O do cura non ten nome. Roubar ao seu rebaño. Debería haber un catálogo de bens desaparecidos público.

  2. 14 / Novembro/ 2011

    Incríbel Manuel,non sabía nada de todo isto, e máis incríbel aínda que este tipo de patrimonio sexa tan pouco coñecido…

  3. Fati
    14 / Novembro/ 2011

    uff! que pasada! Non o coñecía. Impresionante, ¡haberá que planear unha visita!

  4. 14 / Novembro/ 2011

    Fati, Agolada é unha marabilla. Pensa en ires unha fin de semana. :-)

    A ver se esta noite meto a ficha disto en patrimoniogalego.net.

  5. Antón
    14 / Novembro/ 2011

    Que preciosidade. Eu quedo abraiado de que neste país con tantas maravillas patrimoniais e naturais sexámos quen de acadar as cotas de tuzarismo que nos caracterizan. Bueno, de vagariño faise o camiño.
    O do “cura anterior” non soa tan lonxano no tempo e, por desgraza, na tua frase de “eran os tempos…” non estou certo de que non haxa que cambia-lo tempo verbal.
    saúdos e grazas, coma sempre.

  6. Antón Malde
    14 / Novembro/ 2011

    Que fermosura!

  7. Xosé
    14 / Novembro/ 2011

    Impresionante, e con moita policromía conservada!

  8. r.r.
    14 / Novembro/ 2011

    :-O (de catro cuartas)

  9. Ramón
    14 / Novembro/ 2011

    MARABILLOSO! Parabéns polo gran blogue!

  10. Patricia
    15 / Novembro/ 2011

    Impresionante! como se pode acceder? hai alguén da zona que teña a chave?

  11. 15 / Novembro/ 2011

    Patricia, sei que hai unha señora que ten a chave (pregunta no bar de Sidorio) ou senón, hai misa os domingos ás 12. Contra as 11.30 ou así xa anda o monaguillo por alí. Vas ver con que con eses vinte minutos que vas ter, non vas dar mirado todo!

  12. 15 / Novembro/ 2011

    que preciosura, y lo curiosos es que nunca haya oido hablar nada sobre ella

  13. 15 / Novembro/ 2011

    Pois sim, já se aprecia na foto exterior que é bem ventosa.

  14. 15 / Novembro/ 2011

    Marabilloso artigo. Grazas.

  15. Patricia
    15 / Novembro/ 2011

    Moitísimas grazas magago!!! Tentarei buscar a esa señora pois…

  16. isain
    15 / Novembro/ 2011

    me parece muy bien, pero como esta en Gallego y no se entiende, pues va a ir SPM a visitarla y dejarse $$$$$$$$$$$$$$$$$$, en hoteles, comidas….. los hoteleros de la zona estan muy contentos, hala disfrutad de vuestra iglesia.

    saludos

  17. 15 / Novembro/ 2011

    Caro Isain, estamos já a chorar a tua perda ;-)

  18. hardcrack
    15 / Novembro/ 2011

    Preciosa!

    Menudo idiota el isain este. Yo cuando voy a un sitio me encanta empaparme de la cultura, tradiciones, gastronomía y costumbres locales, y eso incluye el idioma.

    Seguro que tú eres de esos que si va al extranjero, come en un McDonald’s, como muchos turistas ingleses o americanos ignorantes de alpargata.

  19. marcos
    15 / Novembro/ 2011

    isain os macacos son demasidado intelixentes para que ti descendas deles.

  20. 15 / Novembro/ 2011

    Non a coñecía. É unha xoia. Grazas pola información e polas fotos… E prefiro non facer comentarios sobre o cura que vendeu varias pezas.

  21. Sergin Castanheira
    16 / Novembro/ 2011

    Grazas por compartir con nos esta maravilla do patrimonio medieval Galego

  22. Athirat
    16 / Novembro/ 2011

    Isaín, te lo digo en CASTELLANO, por si me entiendes mejor: TU TE LO PIERDES, esto y todo lo que tu cuadriculada cabeza no quiere entender. Yo no hablo gallego, soy madrileña, pero se entiende perfectamente si uno quiere entender. Ale majo! a seguir bien!

  23. Athirat
    16 / Novembro/ 2011

    Manuel gago! todo un descubrimiento del maravilloso blog que escribes!! nos veremos a menudo!! Parabéns!!

  24. lala
    16 / Novembro/ 2011

    son unha ventosina de pro, e alédome de que alguén colgue unhas fotos como é debido da nosa marabilla arquitectónica. Estaría moi interesada en conseguir ese lote de fotos para publicalas nunha edición anual que a asociación da aldea edita a fin de recaudar fondos para as festas patronais. Se non ten ningún problema en compartir iso agradeceríallo profundamente.

  25. 16 / Novembro/ 2011

    Boas, Lala. Pódeste poñer en contacto coa fotógrafa, Soledad Felloza, precisándolle exactamente que queredes facer. O seu correo é soledadfelloza@gmail.com.

  26. 16 / Novembro/ 2011

    Acabome de enterar vía Aqualatam que descubriche a igrexa de Ventosa, parabens!

    Preguntabame se tamén descubriras Casa Sidorio e polo que acabo de ler cun comentario xa caín na conta que tamén.

    Por certo, o baldaquino, polo que teño entendido, non era orixinal desa igrexa senón dunha capela que estivo a un 3 km de Ventosa e que desapareceu. Pero non sei se iso e lenda ou realidade.

    Parabens a Soledad polas súas magníficas fotos

  27. carlos
    16 / Novembro/ 2011

    D. Manuel , dereito de admisión xa !

  28. 16 / Novembro/ 2011

    Ola, A Ulloa!

    Casa Sidorio é espectacular, tomamos alí un café agardando a que abriran a igrexa. Pero non preguntei se daban comidas (porque se as dan, terían moi boa pinta). Que me contas diso? Só venden o mellor bacallau da comarca ou dan de comer tamén?

  29. Anónimo
    16 / Novembro/ 2011

    Hai moitos anos que a visitei cando andabamos nos vraos traballando no Castro da Graña con Acuña.
    Pero a verdade é que recordar esta marabilla non te prezo.
    Por certo:
    Non deades de comer ó troll.
    E por si el non entendera:
    .nec pascant Troglodytarum
    لا تغذية بالشص
    .Don´t feed the troll
    .Ne nourrissez pas le troll

  30. 16 / Novembro/ 2011

    Pois é unha agradable sorpresa volver a ver o interior de Ventosa.
    Non hai moito tempo estiven no seu exterior de paso por motivos de traballo.
    Hai cienes e cienes de anos, cando traballamos con Acuña na Graña durantes os vraos e tiñamos os fins de semana libres, fumos a vela e foi todo un descubrimento.
    Por certo en con respecto ó fenómeno do galego:
    Non deades de comer ó troll
    E como dirá que non o entende:
    .Nec pascant Troglodytarum
    .Don´t feed the troll
    .Ne nourrissez pas le troll
    .لا تغذية بالشص

  31. 16 / Novembro/ 2011

    Non perdas medo, que non lle penso dar de comer nin unha pedra. :-)

  32. david
    16 / Novembro/ 2011

    Grazas Sole e Manuel por estes reencontros. Cando ando por aí, (vou ao pan a Río, ou a pisar neve no Faro…), penso que en poucos lugares se conserva tan ben a forma da terra dun mundo pasado. É un dos corazóns si, duro corazón, de Galicia Camba, Dozón, A Golada…

    Por axuntar unha acha a este lume comunal póñoche dúas cousiñas, non sei se axustadas ou ben traídas, que din Vázquez Crespo e González Alén no libro A comarca de Deza, p. 352,

    “En Axiaz queda a pegada dos primitivos habitantes do país en varios túmulos dolménicos e, no mesmo lugar, unha casa grande que conserva unha fermosa cheminea flanqueada por gárgolas, que pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz. En San Xulián de Chaos, dise que estivo a igrexa primitiva, fundada polo bispo Odoario, e sinálanse varios sartegos antropoides tallados en rocha viva ademais dun castro de pequenas dimensions nas inmediacións da actual igrexa parroquial.
    (….describe o interior e exterior….)
    ¿Un enclave templario?
    Esta riqueza ornamental da igrexa puido deberse, dalgún xeito, á presencia aquí dos famosos cabaleiros templarios, dos que se sabe tiveron en Ventosa terras e rendas nos séculos XII e XIII, anos nos que parece que puxeron algunhas cabezas de ponte na Galicia central (casos de Bermés e Cangas, por exemplo) desde a súa encomenda coruñesa de Faro, ou desde Portomarín.”

    Que románico tan fermoso hai nesa terra.

  33. lala
    18 / Novembro/ 2011

    Grazas, Manolo, por facilitarme o mail da fotógrafa, por certo, son a que che puxo ese café en Casa Sidorio. De todos xeitos, cando voltes pola zona, se che interesa amosarémosche uns petroglifos celtas e outras inscripcións achadas nun lugar chamado OS CHAOS , onde estivo o primeiro emprazamento desa igrexa que tanto te marabillou. Ata outro día e Grazas

  34. alicia
    9 / Decembro/ 2011

    PRECIOSO

  35. Arturo Lens
    12 / Decembro/ 2011

    Una maravilla.

  36. Pilar
    1 / Xaneiro/ 2012

    Que país tan rico e fermoso! Por que queren acabar con el?…

  37. Xosé Miguel
    22 / Xaneiro/ 2012

    Grazias! Cando volte a Terra visita de obriga.

  38. Manolo
    1 / Abril/ 2012

    Invito a todos como ventosín a ver esta xoia arquitectónica, é a catedral do arte rural galego. Vai cumplir 800 anos como a catedral de Santiago. Felicidades!!!

  39. lala
    19 / Xullo/ 2012

    Infórmovos que co gaio do 800 aniversario da catedral, colocáronse unhas placas explicativas de todos aqueles elementos dos que podemos desfrutar na igrexa, e que están abertas a todos aqueles que nos poidan visitar. por certo, sempre se pode ver o interior da igrexa pedindo a chave en Casa Sidorio, agás os martes xa que pechan o establecemnto.

  40. Magago
    19 / Xullo/ 2012

    Que alegría!

  41. Inma
    15 / Novembro/ 2012

    Eu recordo esta igrexa antes de ser “reformada”; era uha magoa ver certos soportes no altar maior feitos don tuberías… etc.

    Cando vin os arreglos quedei prendada, moita historia poderíamos saber… pero case é un milagre vela así de fermosa. Unha das xoias do románico do Concello de Agolada.

    Grazas a esta páxina que con tanto agarimo preparaches fai que centos de visitantes se acheguen a visitala, este fin de semana mesmo veñen dous grupos para visitala como parada principal.

    ¿Cómo podedes visitala?, pois sí, en Casa Sidorio, unha tenda-bar de toda a vida, na entrada de Ventosa na ampla acera da dereita, alí (excepto os martes) podedes pedir a chave, hai que presentar o DNI, toman nota e deixan a chave que logo se deixa no mesmo sitio. Moita amabilidade atoparedes non o dubidedes.

    (Non deixedes atrás outros recunchos de Agolada, como os pendellos, antigo recinto feiral do s. XVIII, ou facer algunha ruta ata a Ponte dos Cabalos do ano 790, ou os ríos, como o Ulla ou o Arnego. No concello de Agolada vos poden informar…)

    Graciñas MAGAGO :)

  42. 15 / Novembro/ 2012

    Grazas a vós por dar as facilidades para visitala!

  43. Vane
    14 / Decembro/ 2012

    Mi abuela y mi padre son nacidos en ese pueblo y mi padre fue bautizado en esa hermosa iglesia, espero poder conocerla algun dia…
    Saludos desde Argentina, un fuerte abrazo y gracias por la información.

  44. Nano
    11 / Xaneiro/ 2013

    Algúns dos gravados rupestres da parroquia de Ventosa e da de Gurgueiro, ambas de Agolada, están publicados nun artigo do Seminario de Estudos do Deza (2006)

  45. 26 / Abril/ 2013

    Grata sorpresa Manuel, espero poder visitar esta preciosa iglesia en una de mis próximas visitas a esa Galicia tan maravillosa,con tu permiso retwiteo la entrada.
    Un abrazo.

  46. 26 / Abril/ 2013

    Con mi permiso o sin él! A tu gusto. :-)

  47. galicia
    22 / Outubro/ 2013

    Precioso lugar si señor!! cuanto nos queda por descubrir en Galicia…. yo empecé hace unos años y la verdad es preciosa jajajjaja no es porq sea gallega jajaja pero vale la pena quedarse por aqui y ver los lugares tan bonitos q tenemos y una cosa de los comentarios sobre el cura q vendio piezas, q es algo inaudito, pero hay mucha gente, q con motivo de los centros etnograficos se han dedicado a vaciar casas de pueblos q segun ellos estaban abandonadas y eso tampoco lo veo bien..pero bueno eso va en conciencias no???

  48. CHENCHO
    20 / Xaneiro/ 2014

    ¡Gracias por esta inclusión tan preciosa!
    En cuanto crezcan un poco lo días, me acercaré a disfrutar de esa maravilla.
    ¡Dios, cuantas veces he pasado por la Golada sin saber que había esa joya al pié de la carretera!
    Una pequeña coda a los comentarios “clérico-sociales” :
    Primero: Gracias, entre otras razones, al clero y a las clases dominantes, durante la E. Media se pudieron levantar estas maravillas.
    Segundo: No se olviden del abandono, la incultura, la desamortización (hubo dos) del XIX, las guerras carlistas, los robos. Me parece que la práctica de la “simonía” no fue privativa de ningún régimen político y se practicó en todas las épocas. Es más, siempre fue catalogada como grave delito punible en el Código Canónico.

  49. marisa
    25 / Febreiro/ 2014

    Moitísimas gracias por ensinar e publicar o patrimonio que gracias ós que nos gobernan descoñecemos ,andamos coma peizocos facendo kilómetros e non sabemos os tesouros que temos á porta,é una vergoña imperdoable,os que sabedes facelo ,ánimo e que non decaiga;Parabens para este sitio e o seu autor.

  50. 30 / Xuño/ 2014

    Precioso, dan deseos de visitar la Iglesia, !!cuantos tesoros perdidos en Galicia!!

  51. Isaac
    26 / Agosto/ 2014

    Fun visitala este 25 de xullo.
    Entrei en Casa Sidorio, pedín unha consumición e se me podían deixar as chaves:
    -“Antes non viña naide por aquí…..Un día apareceu un rapaz de Santiago…, Manuel Gago..si….e preguntou se había algunha cousa interesante na zona….Dixémoslle que fose ata a igrexa”.
    -“Volveu encantado…e dende que puxo as fotos na internet, nunha páxina que ten el…moita xente veñen a vela… ata levamos un pequeno rexistro das visitas”.
    Como di Lala, colocaron uns paneis indicativos, e nun deles fala da figura en relevo dunha cobra e unha troita que están no altar. Para repetir visita….

  52. 26 / Agosto/ 2014

    Alégrome que te gustara! Hai que dicir que eu xa ía buscando o que quería ver. Filgueira Valverde chamáralle a catedral rural de Galicia e tiña curiosidade por coñecela. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará