Boottle, open business para o negocio do viño


Un dos socios de Boottle explícanos a parte tecnolóxica do proxecto. Foto: Manoel Foucellas.

O xoves pasado presentouse na viñoteca A Viña de Xabi, en Compostela, Boottle, unha start-up coruñesa para a comercialización de viño a través dun extenso catálogo e con vocación internacional. Boottle nace ofrecendo o servizo para Francia, Suíza e o Estado español, e un catálogo de 5000 viños (sobre todo franceses, de Burdeos). De viños galegos xa hai máis de cen marcas e o proceso é crecente.

O principio de Boottle é ben sinxelo: conectar a consumidores directamente con adegas, apoiados nunha loxística que é complexa pero que, en certo xeito, é a clave do negocio. Os pedidos fanse ás adegas por número de botellas precisas e lévanse directamente ao consumidor. A maiores, Greg Prevot, o xerente do negocio, un francés afincado en Galicia desde hai anos, está ampliar os servizos, traballando nun proxecto de empregar as viñotecas locais como centros de suministro rápido para clientes do ámbito urbano. É moi interesante que estes proxectos nazan en Galicia, e deséxolles toda a fortuna. Por certo, entre os viños que probamos, este viño doce feito con botrite, a “noble podremia” -cun bo toque de acidez e cítricos- arrasou entre os entusiastas bebedores que nos reunimos: Chateau Champ des Treilles Vielles Vignes.

11 Comments

  1. oLO
    17 / Outubro/ 2010

    Hai que mellorar a páxina web, o catálogo e, por enriba de todo, os precios… carísimo.

  2. 17 / Outubro/ 2010

    O da web pode ser máis ou menos discutible (eu creo que non está mal) pero os prezos dos viños son os normais. Mira os galegos, que son os máis próximos, e verás que están cando menos ao mesmo prezo de tenda. No caso francés, tamén hai moi bos viños de boa relación calidade-prezo (<15 euros).

  3. oLO
    17 / Outubro/ 2010

    Poño o exemplo dun viño que compro a través dun distribuidor, incluido IVE. O Bouza do Rei cústame 70,80 euros a caixa de 12 botellas. Na web (compra mínima de 6 botellas) 124,15 euros posto na casa directamente desde a bodega. Son 53,35 euros de diferencia, un 75% máis caro.

    ¿Onde está a vantaxe de comprar na rede neste caso?

  4. 17 / Outubro/ 2010

    Non sei o teu caso particular co distribuidor, e se te fai prezo para hostelería. Do Bouza do Rei non coñezo tampouco o prezo en tenda concreto. Pero polo que eu vin, os prezos dos viños que eu coñezo son similares ao da tenda, céntimos arriba ou abaixo. (Lalama, Almalarga, Nora, Castro de Lobarzán…etc, por poñer exemplos próximos).

  5. 17 / Outubro/ 2010

    Si hay un tramo para el que la ventaja de Internet es más discreta, es claramente la venta de productos locales dentro de su propia area de fabricación. Y más aún cuando hablamos de venta a profesionales:
    A nivel de “vino gallego en Galicia”, nuestra ventaja reside sobre todo en ofrecer una gran número de referencias (*) de vino gallego de calidad que muchos desconocen simplemente porque no están en los supermercados. Y a un precio que, en este caso, es equivalente al de las tiendas. No al de las distribuidoras por supuesto. Pero tampoco es que se encuentre después en los locales de hosteleria al mismo precio que nosotros…. ;-P

    Después tan pronto como uno se va alejando de lo que es la producción propia, las ventajas son cada vez mayores tanto en amplitud de catalogo como en ahorro económico.

    Pero esta ventaja es de doble sentido: vía Boottle las bodegas gallegas pueden vender en España y exportar a un precio muy competitivo -el mismo que aquí ya que compramos a un solo precio- sin un solo centimo de inversión.

    (*) Si con la mención a “mellorar o catálogo”, te refieres a la falta de refencias, es verdad: el verano y la vendimia nos han dejado a medias en nuestro trabajo de incorporación de bodegas gallegas.

  6. oLO
    17 / Outubro/ 2010

    Manuel, son consumidor final e moi peseteiro. Poida que non cumpra o perfil do cliente desta web pero gústame pagar pouco a maiores do prezo de saída de bodega. Probade o Bouza do Rei que ten moi boa relación calidade/prezo en xeral.

    Greg, é evidente que sabes do que falas (o negocio de comercialización do viño) moito máis ca min. Pareces telo ben estudiado e deséxovos toda-la sorte nesta aventura. Creo que tedes que mellorar algo a información da web, porque non atopo fotos, características, etc., da maior parte dos viños. O nome (boottle) paréceme acertadísimo.

    Boa sorte!!

  7. 17 / Outubro/ 2010

    Haberá que probar ese Bouza do Rei, oLO! Teño idea de que algunha vez o tomei pero non lembro ben; en canto teña ocasión abrirei unha botelliña.

  8. 18 / Outubro/ 2010

    oLO, cualquiera que le guste el vino cumple con el perfil de cliente de Boottle. Y además, buscar buenas ofertas no es un perfil sino un derecho. Estoy seguro que en Boottle encontrarás muchas.

    Gracias por la suerte y tienes razón en que falta mucho contenido. Una start-up es como un recien nacido: guapo guapo no es, pero promete :-D

    Confirmo la opinión sobre Bouza do Rei.

  9. Iván
    20 / Outubro/ 2010

    Greg,

    Antes de nada, me gustaría darte la enhorabuena por lo que parece que será un página muy exitosa. He tenido noticia vuestra a través de este blog, por lo que no asistí al evento que organizásteis. Estoy interesado en el método que habéis implementado para solucionar el tema logístico. Por lo que leo aquí habéis conseguido una empresa que directamente os haga los portes desde el proveedor (bodega) hasta el cliente final, ¿verdad? Para una idea de e-commerce que me ronda la cabeza sería muy interesante este método ya que evitas un almacen intermediario. Si me puedieras dar un poco más de información de cómo lo habéis solucionado te lo agradecería.

    Muchas gracias por todo. Un saludo

  10. 20 / Outubro/ 2010

    Iván,

    Tengo 2 respuestas para esta pregunta -que tb me hicieron el jueves- pero me temo que ninguna te vaya a servir:
    – El secreto de la logística es eso: un secreto
    – Si te lo cuento, tengo que matarte después ((C) Walter, uno de los presentes al Wines&Blogs)

    Más en serio, fueron necesarios 2 años de trabajo para montar Boottle y el capítulo logística fue de lejos el más complejo: entran en juego aplicaciones informáticas y terceras empresas. No es “una empresa que lo haga todo”, sino no sería ningún problema darte el nombre.

    Un saludo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará