A tentas pola Fortaleza de Tovar

Last updated on 7 / Xuño/ 2010

Como ben sabedes, as fortalezas do Renacemento galego, -co seu estilo pacego, os seus medallons reflectindo heroes mitolóxicos- son a nosa paixón. Estes edificios son o exemplo vivo de arquitectura construída nun tempo de transición, que os propietarios non saben se ha volver ou non, como é o caso do mundo feudal, pero tamén das transicións na estética e no gusto dos aristócratas.

Son fortalezas reformadas ou erguidas a principios do XVI, cando o mundo se comezara a facer grande e os vellos señores viñan retirarse despois de correr aventuras por Europa adiante, algúns deles ricos cando partiran como escudeiros de grandes señores. Despois de servir nos exércitos de El-Rei, estes maduros aristócratas non estaban xa para combatir entre as pernas de Andrades, Soutomaiores, e Fonsecas, pero a prevención galega seguía a quedar.

Tal cousa lle pasou a Francisco de Tovar. No ano 1530 reformou unha antiga torre en ruínas e creou esta fermosa e descoñecida fortaleza-pazo no fértil val de San Tomé de Lourenzá, no concello do mesmo nome: a fortaleza de Tovar [localización]. Unha curiosa inscrición na torre da homenaxe lembra o feito:

ANO DE 1530
ANTÓN DE TOVAR
DA CASA DO CÉSAR CARLOS
FIXO ISTO COA SÚA MULLER DONA BRANCA

O César Carlos era Carlos I, o Emperador. Antón de Tovar ergueu un castelo que despois pasaría por herdanza a outro facedor de castelos renacentistas xa case amigo de Capítulo Cero-, a Fernán Vázquez de Seixas, señor da poderosa fortaleza de Narla.

“No seu tempo, este val do arredor estaba cheo de viñedos que se exportaban a Burdeos, así o din os documentos”, afirma José, da familia Ventoso. Os seus donos, os descendentes dos caseiros labregos que desde tempo ancestral cuidaron esta casa na que naceron xeracións de campesiños despois de que os señores a abandonaran, non teimaron ata mercala, hai poucos anos. E os Ventoso son vixilantes continuos da vella fortaleza. En si é unha ruína, pero os muros son tan recios que mentres os pisos de madeira xa se fenden os muros resistirían un par de batallas, todos agás os da torre da homenaxe.

Os Ventoso son encomiables, un exemplo privado de amor polo patrimonio. Publican información sobre a fortaleza no seu web fortalezadetovar.net, con contidos en licenza Creative Commons, e non paran de negociar, primeiro co bipartito e agora co goberno do PP, para conseguir o financiamento que evite a ruína da casa dos seus devanceiros. Tentan ler nos documentos do XVI, pero precisan estudos de paleografía. Botan contas para ver o xeito de pagar as catas arqueolóxicas previas a unha mínima consolidación, eles, de familia labrega. A vella matrucia, Angelita, coa súa bata cruzada, vixía con cariño o devalar ruinoso deste maxestuoso edificio. Témoslle que agradecer a eles que nos permitiran acceder ao interior da fortaleza e puideramos explorar un recinto tan evocador. Tamén aos amigos que nos levaron ata alí.

Un paseo polas trabes

No interior do castelo, movímonos literalmente por riba das trabes de castiñeiro que no seu tempo sostiveron os sobrados. Ao noso carón, por ambas bandas, os pisos se abrían para abaixo e o castelo enteiro renxía ao noso paso.

Quen me coñece, sabe que son doente perdido de vertixe pero que me crezo antes as adversidades -que se che gusta a arqueoloxía e a Historia son moitas as que hai-. Movímonos nas tebras, filtradas por antigas barbacanas. Descubrimos señoriais chemineas, estrañas cambotas de madeira das lareiras, antigos obxectos, sobrados onde correron as festas señoriais e logo campesiñas. Respiramos o cheiro da madeira en descomposición, sempre acompañado, o suor que queda pegado nas habitacións húmidas que transpiran a través de tellados medio fendidos. Crimos ver as sombras dos césares ollando un fértil val cheo de viñedos que xa nin sabemos como eran. E algúns dos últimos xustadores correndo pola chaira herbosa de enfronte. O sol batía en nós cando subimos ao alto da torre do homenaxe.

Recomendación: non entredes na Fortaleza sen previo permiso da familia Ventoso. A situación de ruína do seu interior só permite o paso por lugares moi concretos, así que é perigoso.

Fotos: Sole Felloza

41 Comments

  1. xoseramón
    3 / Xuño/ 2010

    Non estou certo de ter visto a silueta da construcción baixando pola estrada de Trabada a Vilanova de Lourenzá. En decembro de 2009, de volta de Asturias.
    O teu relato, emocionante. As fotos, artísticas.
    Obrigado polo agasallo visual.
    Saúde.
    ………. Xosé Ramón.

  2. ANA BELEN
    3 / Xuño/ 2010

    SO DICIR QUE EU VIVO O CARON DESTA XOIA OLVIDADA POLAS “AUTORIDADES” E QUE FUN MEDRANDO O MESMO TEMPO QUE VIA COMO SE IA DERRUBANDO POUCO A POUCO.AINDA SON XOVEN E SOÑO CON VELO RESTAURADO ANTES DA MIÑA TERCEIRA IDADE.SE LLES DA TEMPO,CLARO.E UNHA PENA.DE VERDADE.E UNHA PENA MOI GRANDE.
    ANA BELEN

  3. 9 / Xuño/ 2010

    Unha magoa que tendo o patrimonio que temos atópese en ruínas. Non podo entender o pouco agarimo que temos polo noso…unha magoa.
    O berce é a trona son fermosisimos, que mos dera para a miña cativa, pero supoño que caerían en anacos. Saúdos

  4. Antonio Montero
    9 / Xuño/ 2010

    Estimados amigos
    Se fan leises e se debaten ao día seguinte se esquencen, e non se dotan de fondos, e non se informan aos que está na súa man a protección da nosa historia. Desdelogo os Ventoso merecen un monumento por conservar o que queda sinon fora por eles esto estaba todo no chan. Donde está o Patrimonio de Lugo, todo o diñeiro ia para Vilalonga, donde está o Alcalde acaso non ia por esa Aldea e miraba o que acontecía… Querido Manolo canto nos queda por facer. Eu propoño crear unhas Fundacios ao estilo Británico de caractes privado para a protección e conservación do Patrimonio

  5. 18 / Marzo/ 2011

    E hai que dicir unha cousa, candepalleiro. O castelo de Tovar vai saír adiante pola teimosía da familia Ventoso, os antigos caseiros e actuais propietarios do pazo. Labradores e traballadores de profesión, nos que a súa vida é restaurar, comprender e valorar esa fortaleza. O propietario veu á conferencia que din en Foz sobre as Repúblicas e tiven a oportunidade de volver saudalo (e quedarmos para subir a ver un castelo destes que está arriba no monte). O desta familia é incrible, en serio.

  6. candepalleiro
    18 / Marzo/ 2011

    Pois daquela me alegro por eles,Manuel,e porque a fortaleza tamén é de todos nós, no senso máis auténtico do concepto “patrimonio cultural” dun pobo.Espero que trala inversión pública, moi valiosa nestes tempos de crise e carestía, o monumento se poida visitar alomenos catro días ao mes,como manda a lei.Eso tamén é de xustiza

  7. 18 / Marzo/ 2011

    Teño entendido de que eles mesmo queren ir máis alá diso, candepalleiro. A ver se todo vai ben.

  8. ANA BELEN
    19 / Marzo/ 2011

    Menos mal que a Xunta ia empezar os arranxos nos primeiros meses do 2011…xa vai rematar marzo e aqui non vexo adianto ningun…o tempo vai pasando e isto vai a peor…

  9. adrian
    16 / Novembro/ 2011

    Estamos en noviembre e ainda nn se empezaron as obras que estan esperando a q caiga?para decir q xa nn hai maneira de arraxalo.Señor alcalde a xunta subencionou 3oo.ooo€ e polo pazo fermoso do val nn pasou nin o primeiro.Fixose un paseo fluvial (innecesario) antes de arranxar un pazo que pode ter moitas vistas por ser o unico monumento isabelino da provincia!a quen lle colle eso na cabeza????!!!

  10. rosaentuvida
    16 / Novembro/ 2011

    Eu vivo o lado de sta preciosidade e as fotos nn stan nada mal xa que nunca a vira por dentro. De verda, valorano muii pouco e é unha xoia que nn se encontra en todos os lado, e unica !
    A miña opinion e k deberiian restauralo pork se esta perdendo unha das cousas k caracteriza a santo tome !

  11. Reyes
    17 / Novembro/ 2011

    estiben a piques de utilizar un seudonimo pero mentras vivamos en democracia e poidamos expresar a nosa opinion haberá que aprobeitar,tamen teño o previlexio de vivir cerca deste castelo ,e tiben a sorte de poder estar nel de pequena, como de coñecer os donos,( xente a que lle teño moito cariño) e creo que como a min moit@s pensastes e segun arranxan outras cousas porque o castillo de Canedo non¿? como di Adrian fixeronse outras obras ( nas que a min por cercania me gustan e disfruto tanto o muiño do Pereiro como o paseo que estan ahora a facer) pero por historia creo que deberan darlle paso antes o arreglo do castelo …porque cada vez esta mais deteriorado…bueno eu teño conversado con moita xente destas cousas e a contestación que me dan e que os cartos veñen de distinto sitio …ou os cartos veñen pa esto e hai que imbertilos no que nos conceden a axuda…e unha magoa que pasen os meses e que non se avance nada …Ana Belen oxala o teñamos restaurado antes da nosa terceira idade un saudo a tod@s encantoume o reportaxe

  12. ANA BELEN
    17 / Novembro/ 2011

    Son unha veciña moooi pesada,xa o sei….Pero aqui esta,mediados de novembro,as inclemencias do inverno de novo…E TODO SEGUE IGUAL!!!!Dentro do q menos pensades non quedara nada q restauras nin q protexer nin do q falar,e non son unha mala agoreira nin sei de quen e a culpa nin vou entrar niso,pero ahi esta,q o vexo todo-los dias:FEITO UN DESASTRE!!!!Q doe a alma velo….se fora noutro lado xa seria un parador,e case o preferiria a velo asi….

  13. 17 / Novembro/ 2011

    Oístes, e todos vós como chegastes a esta web? Non consigo ver desde onde me ligaron..

    Por suposto que se debe restaurar a fortaleza de Tovar. É unha marabilla.

  14. ANA BELEN
    18 / Novembro/ 2011

    Ola Manuel,eu falo por min,
    eu “a veciña”,pois fun “ligada” como dis ti por un mail q me mandou un viaxante(teño unha tenda)da zona de Santiago ou por ahi,q leu isto(non me digas onde) e como viu q era da miña zona mandoumo porq lle chamou a atencion e el non sabia disto,como solo ven a Lourenza non a coñecia,a fortaleza como dis ti.Isto foi no 2010.Un dia falei de ti coa familia Ventoso.E esta semana unha amiga, Reyes,permitome nonbrala,non creo q se enfade,puxo o enlace no facebook,non sei por onde o atopou ela.Eu mandarallo a amigos meus de fora q veñen de visita e se fixan nel porq lles chama a atencion q teñamos isto e este neste estado de abandono.UN saudo

  15. adrian
    22 / Novembro/ 2011

    hola a todos!nn haberia maneira de falar con alguien para q nos dera unha boa razon pola q nn se esta arraxando este pazo? a min chegaronme os oidos de q fora vendido a bellas artes,non sei si e verda pero si é nn sei como bellas artes vendo no estado q esta nn fai nada!non sei si o concello ten algo q ver esperemos q no xq vergoña lle tiña q dar o concello x nn arranxar unha das cousas mais importantes de vilanova de lourenza!

  16. adrian
    22 / Novembro/ 2011

    Lourenzá abrirá al público el pazo-fortaleza de Tovar
    Cultura invertirá 315.000 euros en la primera fase de la reforma del edificio, Ben de Interese Cultural desde 1949

    publicado 9/5/2o11 e ainda esta como estaba q vos parece?

    http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2011/05/09/0003_201105L9C3991.htm

    deixovos o enlace para q vexades toda a noticia.

  17. Reyes
    22 / Novembro/ 2011

    En primeiro lugar decirlle a Ana que non me importa que me nombre pois escribin a miña opinion sin seudonimo …eu vin o enlace no muro do facebook de San Tome que non sei quen creou ese perfil…vin os vosos comentarios e pareceume interesante…pois como ben di Adrian a maior reliquia de Santo Tome que se deixe caer …e pareceme que tamos no dereito de querer que se faga algo … menos mal que a xente se preocupa e quere saber que se fixo a eses cartos …

  18. adrian
    23 / Novembro/ 2011

    bueno xente! vexo q hai xente q ll molesta q espreses a tua opinion,nn quixen ofender a ningun partido politico,solo quero q me digan a min e o pueblo de san tome xq nn se empezou a obra,q poñan a xente o tanto de eses cartos financiados por cultura.Agradecese.

  19. Anónimo
    23 / Novembro/ 2011

    Tes razon Adrian aqui a xente mal interpreta palabras ou sacas de contesto e si publican unha noticia nun periodico publico …e vemos que non comenzaron a restauracion normal que preguntemos…
    E non creo que se teña que ofender naide …saudos a todos

  20. adrian
    23 / Novembro/ 2011

    Grazas pola apoio reyes, anonimo e x suposto a ti emma x aclarar o pobo de san tome, q os cartos estan ai co fin de arranxar o pazo.Non era a miña intencion mal meter pero e normal q a xente preguntara e da gusto q nn se deixa de lado a unha xoia tan importante en san tome.De novo grazas x todo e aer si vemos ese pazo arranxado donde se poderian facer moitas actividades.A miña ultima opinion era q tiña que estar un pouco señalizado xq nn hai ningunha señal q indique donde esta o pazo e dalo mais a coñecer,supoño q 4 señales nn serian moito gasto para o concello(nn o digo en mal sentido).grazas!

  21. Reyes
    23 / Novembro/ 2011

    Adrian non tes que darmas , non soporto que mal interpreten palabras, e grazas o Anonimo como a EMMA pola sua aclaracion ,creo que tamen lle hai que dar as grazas a Antonio porque polo seu mal interprete,aclararonnos cousas sobre a evolucion do Castelo…e ojala en breve como ben dis Adrian poidamos disfrutar todos os veciños do concello e xente de fora del ,un saudo a tod@s

  22. Emma Alvarez
    23 / Novembro/ 2011

    Seguindo có mensaxe que deixei esta mañá, e sempre tendo por dianta que considero que é unha obriga informar e non confundir, deixovos os datos que estaba pendiente de recibir da Consellería, a rehabilitación do Pazo de Tovar está pendiente de adxudicación, a proposta de adxudicación é a seguinte:
    EMPRESA: COPCISA
    IMPORTE: 249.688,96 € (IVA incluido)
    PRAZO: 18 meses
    Logo de que intervención fiscalice o gasto, cóntase que se firme o contrato a semana do 12 de decembro, farase o replanteo na semana do 19 e as obras teñen que desarrollarse ata xullo do 2013.
    Este é o planing do que me informa directamente o Dtor. Xeral de Patrimonio para a restauración do Inmoble.
    Grazas por publicar a miña opinión.

  23. Emma Alvarez
    23 / Novembro/ 2011

    Por algo axeno a miña votande non subíu a mensaxe a que me refería fai un intre, só quería decirlle a Adrian que non me dera as grazas, que é a miña obriga informar aos meus veciños nas cuestións que lles son de interese. Por outro lado tamén vos decía que a propiedade da que estamos a falar, é unha propiedade privada polo que todo o que se faga nela ten que ser có consentimento dos donos, que por certo, teñen toda a dispoñibilidade. Como é unha propiedade privada, todo o investimento público que se faga neste inmoble ten que ser con unha contraprestación pública por parte dos donos, contraprestación establecida nun convenio, previo ao convenio asinado entre a Xunta e o Concello. E por último só facía referencia aos datos que vos acabo de compartir, e que agardaba me pasaran da Consellería.
    Moitas grazas, e para calquera aclaración que esteña nas miñas mans, estou a vosa disposición.

  24. Reyes
    23 / Novembro/ 2011

    gracias Emma por aclarar as dubidas que tiñamos ,creo que con todo o que me escribin hoxe contigo non me queda mais que decir porque me faria repetitiva…pero grazas por tirar polo noso concello pa diante …

  25. antonio
    24 / Novembro/ 2011

    hola,vexome na obriga de facer un comentario porque hai quen me menciona (sin eu dar permiso)e aclarar a cousa.1· estou a favor de que arranxen o pazo e canto antes mellor!reyes:eu non mal interpreto as cousas,o primeiro antes de publicar ou decir algo hai que tar seguro do que se fai,asique si alguen mal interpretou algo fuches ti e senon repasa o que colgaches no facebook e daraste conta!antes de falar hai que saber!decheste por aludida no que publiquei eu e non era por ti!por algo sera!rectificaches mui ben,enhorabuena!pero a min non me cargues co morto!para aclaracions antes de publicar nada,esta o concello,e como se fala sin saber por eso falei con emma!2·adrian:para ti sera imnecesario o paseo fluvial pero para min non!ven contento que estou con el e ti me parece que tamen porque cando a comision de festas de santo tome fixo a festa da cervexa para recaudar para a festa ven que vos apurastes a ir facer unha churrascada!e penso que non era o mellor dia!fostes os primeiros en ir inaugurar o muiño e pareceme ben!sin animo de ofender a naide comprenderedes que non vou quedar como o malo da pelicula!un saludo a todos e animo co pazo.

  26. Anónimo
    24 / Novembro/ 2011

    Perdoa por mencionarte eu era porque gracias o teu comentario soupemos mais cousas…eu non me din por aludida que asta ahora sei o que poño e sei porque comentario ia ,e sei que a persoa que o puxo no fixo no sentido que ti puxeche e non te cargo con nada…e non sei si falache con ela sei o comentario que puxeche e mezclache allos con cebolas…po meu entender …e con respecto o que lle reprochas a Adrian da festa da cerveza perdoa pero non e o sitio nin procede …como non e de decirme a min do que poño ou deixo de poñer no meu perfil…o que puxen foi unha noticia difundida pola prensa como moitos outros contactos teus si os medios mediaticos nos confunden n e cousa miña nin dos que publicamos cousas … E sempre mezclas allos con cebolas… Que esto E sobre o castelo …por certo agradecerialle moito o creador desta pag si me di como podo modificar o comentario pa borrar o nome da persoa que citei sin o seu consentimento…gracias

  27. ANA BELEN
    24 / Novembro/ 2011

    Bueno,Manuel Gago,se querias movemento non te queixaras,tiveches movemento,heheheeheh.Era para romper un pouco o mal ambemte.N

  28. ANA BELEN
    24 / Novembro/ 2011

    Non enfadarse.Isto cortouse e non me deixou acabar.A ver.Todos deron a sua opinion e Emma amablemente sacounos de dubidas o cal lle agradecemos,verdade?Pois xa esta.Deixarse de polemicas e a esperar q se cumpla todo.Ok?Somos do memo lugar,un pouco de paz,q vai pensar a xente de Capitulo 0?q isto e a nivel Galicia.Ala morra o conto.Todos coa esperanza posta no noso castelo q e o que importa e deixade de pelexar.Saudos A TOD@S

  29. Reyes
    24 / Novembro/ 2011

    totalmente dacordo Ana pero eu hai cousas que non concivo e por certo o ultimo anonimo e meu que non sei que pasou que se me adiantou a enviar antes de rematar … un saudo pa todos

  30. adrian
    24 / Novembro/ 2011

    ola a todos!movemento si q ten esta paxina.Aclaronse moitas cousas gracias a esta paxina e estou mui agradecido.A churrascada fixemola coa intencion de comer todos os amigos e despois ir ata a festa da cervexa e rematala ( q antes de cear tuvemos tomando os viños) pero cando xegomos eramos 10 personas( eran as 2 da noite),asiq nn digas q nn tuvemos ali xq quen axudou a montar mitade do q vixe fumos nos mais a comision.Eu este ano nn me importaria q a xente fixera churrascadas e despois viñera rematar a festa ali,xq xa me diras a quen non lle presta unhas cervezas, churrascada e despois festa.E volvendo o q tavamos xq esto nn ven a conto e a naide lle importa gracias x resolver as duvidas.chao!!

  31. adrian
    24 / Novembro/ 2011

    cando falo de tomar os viños foi na festa da cerveza!

  32. 24 / Novembro/ 2011

    Señores, señoras: téñenme abraiado con este foro improvisado! Grazas pola info sobre a restauración da Fortaleza de Tovar e os trámites administrativos.

    Grazas a todos polo bo ton na discusión. Capítulo Cero é a vosa casa. :-)

  33. antonio
    25 / Novembro/ 2011

    adrian:a churrascada xa che dixen que me parecia ben,non sei se o leiches!xa sabes que houbo xente a que non lle gustou!ven sei que axudas no que podes(porque tes tempo)eu vin desde ribadeo a drede e para poder vir tuven que pagarlle a unha extra!e marchei as duas porque o dia seguinte era dia de carabullos!bueno,este non e o tema!solo che digo que eu tamen tou interesado en que se amañe o pazo pero por eso non fai falta descalificar outras obras(que a ti polo visto non che interesan!pero disfrutar disfrutalas!
    COMENTOCHE:fai sete anos que miña nai lle solicitou o alcalde acondicionar o rio!e gracias a dios o muiño xa esta listo e o paseo ainda non hai cartos para todo!recordoche que no teu comentario dices que e imnecesario(sera para ti)cada un defende o seu!para rematar so decir que se algo esta na miña man para o acondicionamento do pazo,no que poida estou aqui!e non por eso non fai falta deixar de facer outras cousas!!!!

  34. Reyes
    25 / Novembro/ 2011

    Bueno parece que todos amigos como vos veciños que somos alegrome…creo que todos temos xenio e encendemos e ojala poidan arranxarnos e amañarnos mais cousas pois vivimos nun val privilexioado un saudo pa todos…e eu aqui po que faga falta

  35. ANA BELEN
    26 / Novembro/ 2011

    DEIXARSE DE LERIAS,todos unidos e listo,haxa paz,o Val unido e xunto!!!!ou q?para tirar para diante.Saudos

  36. alberto
    1 / Marzo/ 2013

    boas,que castelo mais xeitoso,gostariame saber que altura ten a torre do homenaxe.Podese visitar?Saudos a todo ao mundo.

  37. ANA BELEN
    1 / Marzo/ 2013

    Dende fai pouco esta pechado xa q o estan arranxando.Non creo q se poida visitar.Esta cercado e con andamiaxes,por fin.

  38. isaac
    1 / Marzo/ 2013

    Que curiosa a trona, con ises furados no cu…

  39. Lucía
    10 / Outubro/ 2017

    Catro anos despois… Enorgullezcome de decirvos, como seguramente xa saberedes, que esta pasada fin de semana tiven o placer de poder visitalo xa restaurado!! E podo dicir que é impresionante!!

  40. Lucía
    10 / Outubro/ 2017

    Foi de feito o que tanto me impresionou o que me levou a chegar ata esta páxina buscando máis información sobre esta xoia…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará