Cata de Gasosas Galegas 2009: o vídeo

Nestas datas tan sinaladas, os blogastrónomos decidimos reunirnos para explorar e reivindicar este ámbito gourmet inxustamente esquencido que son as gasosas do país. Viamos preciso crear un marco teórico para a cata de gasosas galegas. Aquí están os resultados.

Tamén falan: Another Cow in the Corn, De Pinchos, La Caja de Los Hilos, Laconada, O Viticólogo dos Bagos

24 Comments

  1. MJ Méijome
    28 / Decembro/ 2009

    Un 10, mira que me rin (con toda a seriedade do mundo) e me resultou certamente interesante.

  2. 28 / Decembro/ 2009

    Cantas lembranzas da nenez. Foi este un vicio que deixei co paso dos anos mais non teño dúbida de cal era a mellor da miña infancia: a Feijoo embotellada na planta que tiñan en Vilanova, creo. Abría aquelas pequenas botellas de vidro groso e chapa na taberna dos meus avós en Baión e deseguido metía a o bico na boca: o subidón de gas era extraordinario, moitas veces saíme ata polo nariz.

  3. carlos
    28 / Decembro/ 2009

    Quedaron sen catar a millor jaseosa do mundo, a Rianxeira, pero non se preocupe que xa lle farei chejar unha……

  4. 28 / Decembro/ 2009

    Botei en falla encol da mesa unha clásica entre as carbonatadas: a gasosa “Barros”, envasada na aldea de Bugarín (Cerdedo), amentada por Martiño Sarmento no seu epistolario.
    Crítica construtiva: Dende a modestia do adoito bautizador de viños, entendo que un dos trazos a valorar na cata de gasosas debera ser a potencia e a profundidade do consecuente arroto (arrouto ou eructo); distinguindo -avant la lettre- entre os guturais, os esofáxicos e os postcardiacos ou prepilóricos, xa que aínda non coñezo a ninguén que arrote dende o duodeno.
    Parabéns, meus.

  5. 28 / Decembro/ 2009

    folerpa, que grande esquecemento pola nosa parte! Eu tamén levaba pensada esa importantísima fase retronasal das burbullas picando no nariz -elemento clave para diferenciar as gaseosas-, pero se me esquenceu coa emoción do directo.

    Calros, da que non me decatara fora da ‘fase erutiva’ que comentas, aínda que nunha cata profesional non é nada doada. Ao cabo dunhas cinco ou seis gaseosas os catadores poden adoptar o aspecto nada feliz de butaniños, por non falar do risco de confusión que pode provocar un arroto formado, forzosamente, por unha acumulación de carbónicos de diferentes marcas que a ver quen é o nariz privilexiado que os diferencia. Con todo, acredito da súa importancia e será preciso reflexionar sobre o tema en futuras catas de nivel.

  6. 28 / Decembro/ 2009

    Carlos, e do Barbanza non puiden levar ningunha, malia a grande tradición gaseoseira dos nosos municipios! Da Pobra eu destacaría a mítica Teymar (Teira y Martínez) cunha serigrafía da vila desde o alto da Curota (co seu mítico muelle vello coa forma da F de Franco, máis local imposible).

    Na familia eu tiven un parente distante que facía gaseosas que se chamaba José Docampo e a tradición dos avós, cada vez que se abría unha botella, era exclamar a seguinte admiración: “¡Estoupou José Docampo!”. Unha vez, nun xantar festivo, a un dos nenos da casa escapóuselle o retrouso diante do mesmo José Docampo…

  7. 28 / Decembro/ 2009

    Sodes o demo…
    Mira que publicar un post tan serio no dia dos santos inocentes!!!

  8. Mercedes
    28 / Decembro/ 2009

    Dende o meu gusto, botei en falta os comentarios sobre a dozura, hainas que son todo sacarina e outras que se pasan co ciclamato. Aínda así, é difícil estabecer un canon de gaseosas, na miña familia a cada un gústannos diferentes: con moito gas, sen gas, con máis sabor a limón…

    Con todo, o vídeo non ten perda. Penso ensinarllo ao meu pai, que foi gaseoseiro e non vai dar crédito de que agora valoren as gaseosas ata o punto de facerlles unha cata.

    Non sei se pasará o mesmo co resto, pero nós tamén faciamos os nosos sifóns, ¿atrevédevos tamén cunha cata de sifóns?

  9. 28 / Decembro/ 2009

    Esquecíao, na taberna dos outros meus avós en Pontedeume, había a QUINCE HERMANOS, anunciabase cunhas chapas metalicas xeniais con quince bonecos.
    E leva razón Carlos, no video faltaban os arroutos, un elemento esencial dunha cata de gasososas tan seria e profesional como esta.

  10. r.r.
    28 / Decembro/ 2009

    O que falades Folerpa e Manuel é do chamado “paso de nariz”. Do que fala Calros é da “retrogorxa”. Por outra banda, no xeito de servir hai un erro no caso das “reserva embotelladas axeitadamente”: debe facerse co campanoliño petando na copa, o clinclín estimula a xa citada “fase erutiva”. Sobre a cata de orella non podo máis que poñerme ós seus pés.

    ¡Ah, e eu botei en falta a gaseosa Santa Margarita! Facíana a carón do meu barrio e eu penso que a empresa debeu fechar de tantas como os rapazolos roubabamos polos camións mentres os choferes andaban polos bares facendo catas destas e das outras.

    Aínda ha de instituírse un canon sobre o conto. Dádevos tempo.

  11. 28 / Decembro/ 2009

    1- E cal resultou ser a mellor gasosa?
    2- Cantos días pasastes hospitalizados despois de beber gasosa de hai 20 anos? :D

  12. 28 / Decembro/ 2009

    Faltou a inconmensurable bebida gaseosa CASBA (Casa Barro), elaborada noutro tempo en Viloalle (Mondoñedo) e que seguro máis dunha vez acompañou á “paella de troitas” do “Capellán” de Viloalle (ver “Comer en Galicia”, de Jorge Víctor Sueiro).
    Para a próxima actividade de tan excelso grupo de padais refinados suxiro unha cata de pan con Nocilla e derivados.

  13. 28 / Decembro/ 2009

    Mercedes, os sifóns, eses si que están en perigo de extinción! Unha gran idea para outro día, sen dúbida. A verdade é que o pouco tempo que lle puidemos adicar impediunos meternos no tema dozura, pero véxoa ben posta. A próxima vez vén vostede darnos unhas clases, que con iso do ciclamato elevou o nivel desta conversa como un quilómetro. :-)

    Folerpa, a vindeira vez que gravemos unha cata de gaseosas en vídeo, outro 28 de decembro, prométolle que facemos un apartado específico de arroutos e as súas modalidades, ben definidas por Calros. Iso si, agora que Colineta sacou o tema Nocilla abríronseme un mundo de expectativas gourmet que fai que preste atención a outras larpeiradas do mundo gourmet.

    Snob, non te rías, pero non fumos capaces de chegar a tanto. Non sabes o canso que é aprender a diferenciar tamaños de burbullas para máis entrar no peliagudo tema de escoller unha gañadora. Ademáis, sendo a nosa primeira incursión, facer un veredito era un tanto delicado. A vindeira, cata a cegas, a ver se distinguimos a súa procedencia. :-) A vetusta gasosa reserva El Pombal deu moito de así. A verdade é que hai a anada de choivas de hai vinte anos deu un auga un tanto máis lixeira e desenfadada que a actual. Eran outros tempos!

  14. 28 / Decembro/ 2009

    XD moi boa idea…agardo que fose acompañada dunha boa comida. Saúdos e apertas

  15. 29 / Decembro/ 2009

    A coca cola inventouse en galicia , unha gaseo fria + duas copas de licor café de Ourense.
    Galecola
    gaseo + licor café = coca cola galega
    formula da galecola : auga carbonatada+ zucre+ cafeina+ productos secretos ( a formula secreta da miña aboa coa que facia o licor café

  16. Cubeliños
    29 / Decembro/ 2009

    Magago, as TEYMAR ( efectivamente Teyra e Martínez), si mal non recordo, e recordo ben (como arrecendía a “jas” e doce cando pasabas pola beirarrúa), tiñan a “fábrica” na Rúa Rosalía de Castro, de lado do parvulario Santa Uxía, e do antigo Hotel Moderno, en Riveira. Por certo, os derradeiros propietarios creo que eran de Palmeira.
    Tamén lembrar as gasosas “Abelleira” no lugar de Padín… xa dicían no futbol.. !!!! ala Riveira, con “jasiosas” Abelleira!!!!.
    Tamén en Carreira, gasosas “Santamaría”… pero bueno, na miña casa non eramos de gasosas…

    Saúde e “jas”.

  17. 29 / Decembro/ 2009

    Qué rica la gaseosa Santa Tecla, y qué buena sigue estando la naranjada que hacen. Gran post, muchas gracias.

  18. 29 / Decembro/ 2009

    Tito, tremenda receita. Asegúroche que a vou probar (agás que ma esteas metendo dobrada tamén polo día dos Santos Inocentes). Cubeliños, eu creo que o Barbanza foi un territorio prolífico nisto das gaseosas, xa veu tamén antes a Carlos tamén coa Rianxeira. Moito gas tomaron os nosos vellos!

    Antigourmet, ¡gracias a ti por el link!

  19. 30 / Decembro/ 2009

    Pola zona de Ferrol bebíase “Los Quince Hermanos”. Moito me gustaba o logo, que foi desaparecendo coa propia gasosa:
    http://benchosei.blogspot.com/2005/04/gaseosa-los-15-hermanos.html

    Os combinados con licor café non me acaban de convencer, paréceme unha bebida algo incompatible (mesmo coa vida!). Agora, a gasosa está moi ben con gin (para os que non somos moi de tónica), e tamén, en plan larpeiro, con vodka e unhas pingas dalgún licor doce que de paso lle dea colorciño á mestura (parfait d’amour, amaretto…). Que sede! :D

  20. 30 / Decembro/ 2009

    pedazo nivelazo señores… acaban de colocar o mundo das gasosas no mapa!

    o que mais gostei do video foi inferir polo contido se os rizos de Sole entraban ou non en contacto físico coas burbullas na etapa acústica (por certo que fora orvallaba fino, non?)

    Acredito cos arroutos, como indicador primario da calidade das gasosas e aprovo outras catas retro como o da nocilla ou aproveitando as datas os culíns dos vasos o 1 de xaneiro ?!

  21. Moncho
    30 / Decembro/ 2009

    Algún día enviarei fotos da miña colección de botellas antigas de gaseosa… desas co tapón de peche a presión…
    Non é que sexa un fervente buscador destes obxectos, pero debo ter preto dunhas 40, que fun atopando por ahí…

    Á que máis “cariño” lle teño, unha que estaba na casa da miña avoa: Gaseosas “El Manantial”, de Ribeira. Non sei de que ano poderá ser, pero a pinta da botella semella antiga, antiga… (anos 30-40)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará