Un sartego ‘matutano’ en Artes

No adro da igrexa de Artes (Ribeira) atópase este sartego altomedieval cuns bordes un tanto…curiosos. Localizouse na reitoral da parroquia. A cuestión é: ¿que lle pasou ao borde do sartego?¿Por que se parece a unhas patacas onduladas? A min contáronme hoxe por que, pero a ver quen de vós dá coa solución do estraño asunto (que é máis cotiá do que pode parecer).

13 Comentarios

  1. alugris
    11 / Outubro/ 2009

    Para que o gando puidese chegarlle mellor á auga?

  2. 11 / Outubro/ 2009

    Haha! Parece o lóxico, pero seica o seu uso principal era outro! Sigan xogando…

  3. alugris
    11 / Outubro/ 2009

    Mmmmmm Para afiar coitelos, fouces, gadañas?

  4. 11 / Outubro/ 2009

    tendo en conta que naqueles tempos non había cuarto de baño… eses bordes suaves son ideais para sentar o cu e facer o que se teña que facer…

  5. minhato
    11 / Outubro/ 2009

    (@Alugris: creo que acertaches)
    Sen dúbida, esas formas veñen de afiar cousas. Coitelos ou fouciños, non creo que foran machadas ou gadañas.

  6. 11 / Outubro/ 2009

    Que rapidez, señores! Efectivamente, ese sartego é un gran afiador de coitelos e demais material de uso agrario. Así nolo contou María Luisa Díaz Otero, presidenta da Asociación Cultural O Faiado 2 no transcurso das xornadas sobre Camiños Antigos do Barbanza que se celebraron onte na Pobra do Caramiñal.

  7. 11 / Outubro/ 2009

    Ou fixérono así no seu tempo e encaixa ca outra metade ou é posterior para que poidan beber os animais.
    (escribo sen ler os outros comentarios, que senon non ten chiste)

  8. alugris
    11 / Outubro/ 2009

    Agora falta saber o premio por acertar!!

  9. 11 / Outubro/ 2009

    A satisfacción polo deber cumprido, alugris. :P

  10. MJ Méijome
    12 / Outubro/ 2009

    Unha pedra de afiar con auga todo o ano, que máis se lle pode pedir? ;)

  11. alugris
    12 / Outubro/ 2009

    @magago e un xogo de coitelos? :P

  12. 12 / Outubro/ 2009

    hahaha! A próxima haberá que falar co concello para que esponsorice estes concursos. :-)

  13. Xurxo
    13 / Outubro/ 2009

    Cando vin esta foto lembreime dunha pedra que se garda nos almacéns do Museo de Pontevedra que os eruditos da época (Filgueira e demais) intepretaron como pedra con escritura ibérica e non é outra cousa ca un bo pedrolod e granito con centos de marcas de fouciños. Un clásico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *