[lang_gl]Gomariz e as adegas medievais do Ribeiro[/lang_gl][lang_es]Gomariz y las bodegas medievales del Ribeiro[/lang_es]

Last updated on 8 / Novembro/ 2007

gomariz_2.jpg
[lang_gl]Adega medieval de Gomariz (Leiro)

No mundo do viño a tradición é buscar o devanceiro máis vello. E sorprende ver como rexións emerxentes na Península tentan procurar unha tradición e unha sona pasada da que non dispuxeron, xa que o seu viño estivo destinado a consumo familiar, sen máis desafíos. Que o noso país non aproveita ben os seus recursos turísticos pódese ver aquí, no Ribeiro. Porque aquí a vella historia do viño é de verdade. Os afeccionados sorprenderíanse con ese edificio da foto: unha enorme adega medieval, ao carón da fermosa igrexa románica de Gomariz, en Leiro, que os monxes de Toxosoutos, un mosteiro da distante Lousame, ergueron no século XIII. Aínda que na foto non se aprecia, o enorme edificio está decorado con canzorros laterais, como as igrexas medievais. Hai oitocentos anos, o viño do Ribeiro xa estaba aquí, pero non de calquera xeito. Era unha cultura, era unha economía, era unha viaxe polos mares europeos, un cobizado recurso. Prestixiosas zonas vinícolas europeas debecerían por ter edificios así, nos que poder acreditar oitocentos, mil anos de sofisticada e comercial cultura enolóxica. Nós, agora, comezamos a descubrilos. Na provincia de Ourense, especialmente no Ribeiro, hai vinte adegas medievais que só agora van comezar a ser inventariadas. Aínda menos mal. [/lang_gl]

[lang_es]En el mundo del vino la tradición es buscar el antepasado más viejo. Y sorprende ver cómo regiones emergentes en la Península intentan descubrir una tradición y una fama pasada de la que no dispusieron, ya que su vino estuvo destinado a consumo familiar, sin más desafíos. Que nuestro país no aprovecha bien sus recursos turísticos se pode ver aquí, en el Ribeiro. Porque aquí la vieja historia del vino es de verdad. Los aficionados se sorprenderían con ese edificio de la foto: una enorme bodega medieval, a un lado de la hermosa iglesia románica de Gomariz, en Leiro, que los monjes de Toxosoutos, un monasterio de la distante Lousame, levantaron en el siglo XIII. Aunque en la foto no se aprecia, el enorme edificio está decorado con canecillos laterales, como las iglesias medievales. Hace ochocientos años, el vino del Ribeiro ya estaba aquí, pero no de cualquier manera. Era una cultura, era una economía, era un viaje por los mares europeos, un codiciado recurso. Prestigiosas zonas vinícolas europeas soñarían con tener edificios así, en los que poder certificar ochocientos, mil años de sofisticada y comercial cultura enológica. Nosotros, ahora, comenzamos a descubrirlos. En la provincia de Ourense, especialmente en el Ribeiro, hay veinte bodegas medievales que sólo ahora van a comenzar a ser inventariadas. Aun menos mal.[/lang_es]

One Comment

  1. 7 / Novembro/ 2007

    Compre lembrar que durante os seculos XV e XVI os ingleses enviaban corredores ás adegas do Ribeiro e o viño era cargado abundantemente nas flotas que se dirixían a Inglaterra, Francia, Escocia, Flandes, etc. Mais os problemas relixiosos e as guerras remataron con ise comercio, e desde aquela os ingleses comezaron a mirar cara os viños do Porto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará