{"id":9963,"date":"2010-02-28T21:55:56","date_gmt":"2010-02-28T19:55:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=9963"},"modified":"2010-02-28T23:48:33","modified_gmt":"2010-02-28T21:48:33","slug":"forum10-a-leccion-das-monxinas-de-panton","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/02\/28\/forum10-a-leccion-das-monxinas-de-panton\/","title":{"rendered":"F\u00f3rum&#8217;10: A lecci\u00f3n das monxi\u00f1as de Pant\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ferreiradepanton_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As irm\u00e1s Elizabeth e Encarnaci\u00f3n. Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\n<span class=\"drop_cap\">O<\/span> gran tesouro do F\u00f3rum 2010: estas d\u00faas irm\u00e1s de Ferreira de Pant\u00f3n. Tarefa case imposible sacalas do seu antigo mosteiro de clausura, e unha das primeiras veces -sen\u00f3n a primeira- que se consegue en Galicia, grazas \u00e1 capacidade de convicci\u00f3n de Sole e a unha qu\u00edmica especial das relaci\u00f3ns humanas e os xestos. Chegaron a Santiago -premeditadamente un taxi foi recollelas a Pant\u00f3n cedo para que puideran ir \u00e1 Misa do Peregrino- con tempo abondo. Sab\u00edan o que ti\u00f1an que dicir e fix\u00e9rono. Eu non sa\u00eda do meu abraio. Pero escoit\u00e1baas al\u00ed, na primeira fila do obradoiro, e algo se me remex\u00eda por dentro. Aquelo non era gastronom\u00eda como medici\u00f1a, sen\u00f3n algo moi profundo, que ti\u00f1a que ver con como os alimentos est\u00e1n no medio das relaci\u00f3ns humanas e da nosa historia. <\/p>\n<p>As irm\u00e1s Elizabeth e Encarnaci\u00f3n viven no mosteiro cisterciense de clausura de Ferreira de Pant\u00f3n. Durante un d\u00eda, a nai abadesa concedeulles o permiso para crebar o voto de silenzo. E chegaron coa s\u00faa fari\u00f1a do Lidl e as s\u00faas caixi\u00f1as de doces a un gran evento gastron\u00f3mico da modernidade. Durante estes d\u00edas do F\u00f3rum, estiven con moitos coci\u00f1eiros que debutaban por primeira vez en p\u00fablico: talentosa xente do pa\u00eds, que fixeron durante moito tempo un traballo silandeiro nas s\u00faas coci\u00f1as e que por primera vez amosaban as s\u00faas artes en p\u00fablico. Estaban aterrados. Nerviosos. Non durmiran a noite anterior. Ao falar, na s\u00faa seriedade antinatural, advert\u00edase o p\u00e1nico esc\u00e9nico.<\/p>\n<p>Estas d\u00faas monxi\u00f1as non. Diante de cento e pico persoas r\u00edanse e fixeron do obradoiro unha festa, marcando o seu ritmo. \u00bfPor que estas mulleres non estaban nerviosas? Eu estou convencido de que era pola s\u00faa fe, as\u00ed de claro. Elas estaban nunha misi\u00f3n. E sent\u00edanse arroupadas. Fixeron todo o que pensaron facer e remataron como quixeron rematar. A serenidade que estaba detr\u00e1s parec\u00edase \u00e1 dalg\u00fans relatos relixiosos que ti\u00f1a lido. Esa xente, encerrada no seu mosteiro de clausura, era libre. Sent\u00edase protexida. E iso af\u00edrmoo tam\u00e9n desde o meu libre, gozoso e sereno ate\u00edsmo. Sole anotou outra cuesti\u00f3n: se cadra os coci\u00f1eiros ti\u00f1an tanto medo porque procuraban o \u00e9xito persoal. Estas d\u00faas mulleres non: buscaban como moito o ben da s\u00faa comunidade, e se cadra compartir cos demais un co\u00f1ecemento secular. \u00bfQuen deb\u00eda ter medo con iso?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ferreiradepanton1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fachada do mosteiro de Ferreira de Pant\u00f3n. <\/em><\/p>\n<p>A emoci\u00f3n, claro, para min vi\u00f1a daquela profunda e simb\u00f3lica relaci\u00f3n entre aquelas monxas e aqueles doces que estaban a facer, co que elas viven no mosteiro. Todo un mundo simb\u00f3lico que se materializa nas pequenas e humildes pezas de masa. As <em>alegr\u00edas<\/em> e as <em>golosas<\/em>. A tarta de Pant\u00f3n. Todo imbricado en s\u00e9culos de Historia. As monxi\u00f1as trouxeron con elas un fermos\u00edsimo almirez do s\u00e9culo XVII, que durante s\u00e9culos empregaron para facer a s\u00faa reposter\u00eda. Tam\u00e9n unha sorte de bandexa desa \u00e9poca que gardan a s\u00faa reliquia. As golosas son pastas cunha capa de mel intermedia que se obt\u00e9n no bosque de carballos do mosteiro. <\/p>\n<p>-Hai anos -di a irm\u00e1 Encarnaci\u00f3n- cr\u00edase que o bosque era das monxas. Pero non hab\u00eda papeis. As\u00ed que tiveron que mercalo, pero as irm\u00e1s non ti\u00f1an di\u00f1eiro. \u00bfE como \u00edan facer? Como sabedes, cando unha monxa ingresaba no mosteiro ti\u00f1a que deixar unha dote. Pero esa dote era intocable. O mosteiro non pod\u00eda facer nada con ela m\u00e1is que coidala. Se daba esa dote porque se pasaba algunha cousa e a monxa ti\u00f1a que marchar, deb\u00eda ter alg\u00fan mecanismo de vida. Para podermos mercar o bosque, o Papa tivo que concedernos unha autorizaci\u00f3n especial coa premisa de que se devolveran os cartos das dotes en canto o mosteiro recuperara o di\u00f1eiro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ferreiradepanton_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A coci\u00f1a do mosteiro<\/em><\/p>\n<p>Mel dun bosque mercado a partir de dotes. As monxas m\u00e1is vellas lembran o tempo da fame no 36, cando entraron no mosteiro as m\u00e1is antigas. Al\u00ed, en Pant\u00f3n, o tempo pasa lento e a modo, sen calefacci\u00f3n ata hai poucos anos. Cando Sole estaba a preparar o obradoiro coas monxas, elas se comprometeron a dar todas as receitas. Pero algo non \u00eda ben. As semanas previas a abadesa estaba preocupada, e as irm\u00e1s m\u00e1is vellas tam\u00e9n. <\/p>\n<p>-\u00bfP\u00e1salle algo, nai? -d\u00edxolle Encarnaci\u00f3n.<br \/>\n-Nada, filla, nada. <\/p>\n<p>As\u00ed estiveron uns d\u00edas, ata que as m\u00e1is veteranas de Pant\u00f3n confesaron. A rosca de Pant\u00f3n, ese era o problema. Un incrible amendoado, coa forma do escudo do mosteiro, que durante s\u00e9culos foi o colof\u00f3n das vodas da Ribeira Sacra: labregos e fidalgos acud\u00edan \u00e1s monxas para levar esta rosca plana e grande de volta para os banquetes familiares. A rosca de Pant\u00f3n ti\u00f1a unha receita segreda, que s\u00f3 se trasmiten as monxas m\u00e1is vellas. As novicias non a saben. E elas prometeran dar todas as receitas. Ese era o problema. A promesa ofrecida. <\/p>\n<p>-\u00a1Pero non te\u00f1en por que dic\u00edrnola! -contestoulles Sole, aliviando a situaci\u00f3n. <\/p>\n<p>As irm\u00e1s Elizabeth e Encarnaci\u00f3n apareceron no obradoiro coa maxestuosa e secular Rosca de Pant\u00f3n: unha aut\u00e9ntica reliquia gastron\u00f3mica do pa\u00eds. Todo am\u00e9ndoa. <\/p>\n<p>-Queremos chamar a atenci\u00f3n sobre unha cousa -dixo a irm\u00e1 Encarnaci\u00f3n ao final do obradoiro, cando quer\u00eda dicilo-; n\u00f3s cremos que todos estes doces de am\u00e9ndoas ve\u00f1en dos \u00e1rabes que conquistaron a Pen\u00ednsula. E durante s\u00e9culos, nos conventos desta terra fix\u00e9ronse e repet\u00edronse doces inventados polos \u00e1rabes. Cremos que \u00e9 toda unha lecci\u00f3n sobre como deberan ser as nosas relaci\u00f3ns nestes tempos dif\u00edciles. Aprender a encontrarnos entre n\u00f3s e a compartir o mellor que temos. <\/p>\n<p>Que enorme ovaci\u00f3n arrincaron estas d\u00faas irm\u00e1s da clausura de Pant\u00f3n. Co coraz\u00f3n nun pu\u00f1o, souben que estas son o tipo de cousas que a min me interesan da gastronom\u00eda: al\u00ed onde esta se mestura coa sociedade, o sentimento, o tempo e a vida. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As irm\u00e1s Elizabeth e Encarnaci\u00f3n. Fotos: Sole O gran tesouro do F\u00f3rum 2010: estas d\u00faas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/02\/28\/forum10-a-leccion-das-monxinas-de-panton\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">F\u00f3rum&#8217;10: A lecci\u00f3n das monxi\u00f1as de Pant\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":9967,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-9963","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9963","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9963"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9963\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9967"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9963"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9963"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9963"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}