{"id":962,"date":"2006-03-26T21:24:34","date_gmt":"2006-03-26T19:24:34","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=962"},"modified":"2007-07-18T18:05:02","modified_gmt":"2007-07-18T16:05:02","slug":"bacanal-colectiva-de-lamprea-en-arbo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/03\/26\/bacanal-colectiva-de-lamprea-en-arbo\/","title":{"rendered":"Bacanal colectiva de lamprea en Arbo"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/lamprea_meson.jpg' alt='lamprea' \/><br \/>\n<em>Miguel, un dos propietarios do Mes\u00f3n da Lamprea, am\u00f3sanos a complexa boca zugadora deste peixe.<\/em><\/p>\n<p>Arbo. Terras do Condado. Sur de Galicia. Sobre as ribeiras do Mi\u00f1o.<\/p>\n<p>&#8211;<em>A Coci\u00f1a de \u00c1lvaro Cunqueiro<\/em>. Ese libro \u00e9 unha merda. Ese tipo non ten nin idea de como coci\u00f1ar unha lamprea \u2013comenta Miguel, un home de costas atl\u00e9ticas e fazulas encarnadas, coma un remeiro de tra\u00ed\u00f1a.<\/p>\n<p>Qued\u00e1monos tan at\u00f3nitos que Miguel debeu percibir unha certa proximidade de perigo.<\/p>\n<p>-Un momento. \u00bfNon seredes alg\u00fan de v\u00f3s \u00c1lvaro Cunqueiro?<\/p>\n<p>Neg\u00e1molo entre risos. Estamos na adega de <a href=\"http:\/\/www.turgalicia.es\/sit\/ficha_datos.asp?ctre=3321&#038;crec=13331&#038;cidi=G\">O mes\u00f3n da Lamprea<\/a>, en Cabeiras (Arbo). Detr\u00e1s de tan tur\u00edstico e, xa que logo, tem\u00edbel nome, ac\u00f3chase un recinto polim\u00f3rfico no que se suceden sal\u00f3ns, bodegas, viveiros de lamprea, escadas, que foron medrando de xeito an\u00e1rquico segundo a moda crecente da viaxe gastron\u00f3mica. Este s\u00e1bado paramos no lugar \u2013unha elevada aldea sobre o Mi\u00f1o- m\u00e1is de 270  persoas para unha bacanal \u00e1 galega, ou sexa, toneladas de ru\u00eddo, montes de comida, pousadeiras de brazos grosos e multimillonarios comendo a car\u00f3n de labradores arrendatarios, militares da Brilat ao car\u00f3n de cadros intermedios da UPG,  Camisas desabrochadas tres bot\u00f3ns por debaixo de cruces de ouro, gaitas e pandeiretas, voces cantareiras de adolescente, Mercedes do primeiro goberno Su\u00e1rez, adolescentes de pantal\u00f3ns apretados, cuadrillas de homes baixos, barrig\u00f3ns e encarnados con pantal\u00f3ns de pinza e reloxos de metal&#8230; e poucas mulleres. Cada un polo seu lado, pero todos xuntos disfrutando desta orx\u00eda vamp\u00edrica. <\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n<p>Miguel \u00e9 un dos donos deste prodixio. M\u00e1is de trinta persoas da aldea traballan durante os meses de xaneiro a abril para atender unha demanda crecente de comedores de lamprea. Para ser un bicho que inspire noxo a moitas vistas delicadas, o \u00e9xito \u00e9 not\u00e1bel. Al\u00e1 abaixo, no r\u00edo, quedan pesqueiras, pequenos muros que provocan suaves remansos na ribeira do r\u00edo, pero hoxe s\u00f3 son un abandonado recurso tur\u00edstico que no seu momento debeu tentar p\u00f3r en valor alg\u00fan carto europeo. Hoxe, \u00e1 lamprea xa case non se lle permite o paso pola vizosa ribeira do Condado. Unha muralla de 1200 embarcaci\u00f3ns matriculadas entre Galicia e Portugal tenden as nasas cando o Mi\u00f1o se abre ao mar, confiscando o animal \u00e1 natureza nada m\u00e1is entrar na aduana da terra. <\/p>\n<p>No Mes\u00f3n da Lamprea, a vida \u00e9 un ritual de exaltaci\u00f3n da vida ante este animal de estra\u00f1a forma. Primeiro chegas e baixas a unha enorme adega, onde se mesturan brancos e tintos da casa, conservados nos enormes bocois ou proces\u00e1ndose en m\u00e1is modernos recipientes de aluminio. Os vi\u00f1os, da zona, son un exemplo do vi\u00f1o caseiro, \u00e1cido para moitos padais pero de sabor ancho. O branco \u00e9 unha mestura de treixadura, loureiro e albari\u00f1o. O tinto \u00e9 principalmente menc\u00eda, que por estas terras non ten a textura floral que acada na Ribeira Sacra. Antes de comer, as xerras de vi\u00f1o acomp\u00e1\u00f1anse de xam\u00f3n da casa, a medio curar. Despois un sobe ao comedor. Os clientes poden coller as lampreas, xogar con elas, admirar a estra\u00f1\u00edsima boca coa que zugan o sangue das s\u00faas v\u00edtimas. Noutra dependencia, moitas son secadas e afumegadas lentamente con madeiras da zona.<\/p>\n<p>A comida \u00e9 un parque tem\u00e1tico. Das lampreas afumegadas, no Mes\u00f3n prep\u00e1ranse rolos recheos de ovos e pementos, ensarillada en tiras escuras e acompa\u00f1ada de ensaladi\u00f1a. O sabor, no que o fume inunda sen recato a carne do animal e o aproxima ao sabor dos mam\u00edferos, provoca reacci\u00f3ns desconcertadas. Logo traen unha excelente lamprea \u00e1 bordelesa, coci\u00f1ada no propio sangue do animal, de sabor contundente e de dixesti\u00f3n lenta pero non moi pesada. Hai moita sabidur\u00eda na s\u00faa elaboraci\u00f3n, derivada de s\u00e9culos de loita contra a fame e as caras de desgusto dos vellos labradores do Condado. O prato, enriquecido coa simpleza das pequenas comunidades agrarias, debe conter influencia portuguesa nese arroz branco que acompa\u00f1a ao peixe. A\u00ednda con todas estas precauci\u00f3ns e aditamentos, d\u00e1me que este plato non debe ser comido m\u00e1is que unha vez por estaci\u00f3n se un quere chegar aos setenta. <\/p>\n<p>A festa remata con un surtido de fermosos postres na mellor tradici\u00f3n da coci\u00f1a tradicional do pa\u00eds: vela\u00ed o requeix\u00f3n do condado, as fill\u00f3s \u2013\u00e1mbalas d\u00faas vestidas a discreci\u00f3n con mel caseiro-, leite fritido, tarta de queixo ao forno, tarta de caf\u00e9 e fermos\u00edsimos licores da zona. A\u00ed est\u00e1 o m\u00e1xico licor de ruda, o mediterr\u00e1neo de laranxa e o indispens\u00e1bel licor caf\u00e9. Todo entregado cun sorriso, con bromas, con tempo de explicaci\u00f3ns. <\/p>\n<p>-\u00bfSodes de Santiago? \u2013pregunta Miguel, que insiste en convidarnos a vi\u00f1o branco por postre- porque de al\u00ed hoxe vi\u00f1eron Manolo, tam\u00e9n o Pedro, \u00bfco\u00f1ec\u00e9delos?<\/p>\n<p>Qued\u00e1ronme ga\u00f1as de dicir que si, que os co\u00f1ec\u00eda. E tam\u00e9n a Lu\u00eds. E a Xabier. E se cadra a todas as persoas que, na sociedade tradicional, s\u00e9guense identificando unicamente polo seu nome, a s\u00faa cara, a s\u00faa casa de procedencia. Que quedan nivelados lonxe das s\u00faas diferencias econ\u00f3micas, sociais, das s\u00faas depresi\u00f3ns ou euforias, durante estes momentos na caldeirada social que son os restaurantes populares do pa\u00eds. <\/p>\n<p>Paseamos pola ribeira do Mi\u00f1o. O r\u00edo est\u00e1 cheo de remu\u00ed\u00f1os, parece unha constelaci\u00f3n de Van Gogh. Calado, doulle voltas a esa idea sobre el que me agardar\u00e1 para dentro dun tempo. Logo marchamos, coas fazulas encarnadas, tam\u00e9n n\u00f3s, para volver \u00e1 nosa cortina de choiva. <\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Miguel, un dos propietarios do Mes\u00f3n da Lamprea, am\u00f3sanos a complexa boca zugadora deste peixe.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/03\/26\/bacanal-colectiva-de-lamprea-en-arbo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Bacanal colectiva de lamprea en Arbo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-962","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/962","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=962"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/962\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}