{"id":9564,"date":"2010-01-16T00:36:09","date_gmt":"2010-01-15T22:36:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=9564"},"modified":"2010-01-16T11:40:55","modified_gmt":"2010-01-16T09:40:55","slug":"abastos-2-0-unha-proposta-de-cocina-miuda-en-santiago-de-compostela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/01\/16\/abastos-2-0-unha-proposta-de-cocina-miuda-en-santiago-de-compostela\/","title":{"rendered":"Abastos 2.0: unha proposta de <i>coci\u00f1a mi\u00fada<\/i> en Santiago de Compostela"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Abastos 2.0 ocupa varios espazos \u00e1 entrada da praza de abastos. P\u00f3dese apreciar claramente o espazo de &#8220;barra&#8221; (esquerda) e na outra metade, en negro, o espazo de &#8220;coci\u00f1a&#8221;. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">S<\/span>e algo caracteriza aos compostelanitas \u00e9 a avidez coa que se entregan \u00e1s novidades gastron\u00f3micas. O <a href=\"http:\/\/www.abastosdouspuntocero.es\/\">Abastos 2.0<\/a> [T: 981.576.145 \/ <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.880174,-8.541414&#038;spn=0.00082,0.0021&#038;t=h&#038;z=19\">localizaci\u00f3n<\/a>] abriu o 31 de decembro, &#8220;case por principios&#8221;, como dixo Iago Pazos, un dos dous socios do locali\u00f1o, despois dos t\u00edpicos problemas de obras, permisos e licenzas para xuntar e acondicionar os cub\u00edculos que o forman, a partir de varias das pequenas tendi\u00f1as que est\u00e1n por f\u00f3ra da Praza de Abastos de Compostela. Ese d\u00eda pasamos por al\u00ed, como moita xente que superaba a friaxe para abastecerse para a cea de fin de ano, e tom\u00e1moslle un caf\u00e9. En s\u00f3 quince d\u00edas a informaci\u00f3n comezou a circular por todas partes e esta semana, eu coido que cando menos cinco persoas distintas e alg\u00fans correos electr\u00f3nicos me vi\u00f1eron coa nova de que abriran un local novo, <em>distinto<\/em>, na Praza de Abastos. <\/p>\n<p>\u00bfDistinto? Pois si. O Abastos \u00e9 un local diminuto, concebido en torno a d\u00faas \u00e1reas: unha mesa de cristal retroiluminada e alongada, na que se dispo\u00f1en os clientes, e da outra banda unha coci\u00f1a. A esquerda \u00e9 o dominio de Iago Pazos, que \u00e9 o taberneiro e adem\u00e1is da Pobra do Carami\u00f1al (un punto a favor, como ben saben), e da outra de Marcos Cerqueiro, un coci\u00f1eiro que xa pasou por varios fog\u00f3ns, entre eles os de Marcelo Tejedor. Aqu\u00ed s\u00edrvese o que eles chaman <em>coci\u00f1a mi\u00fada<\/em>. Medias raci\u00f3ns, &#8220;formato men\u00fa degustaci\u00f3n&#8221;, montadas esencialmente a partir da provisi\u00f3n de produto do privilexiado mercado local que est\u00e1 \u00e1 volta da porta, e que cambian en funci\u00f3n do que atopan al\u00ed dentro. A m\u00e1is barata, euro e medio e a m\u00e1is cara, cinco euros, por agora. E o que sirven son bonitos platos m\u00e1is ou menos populares botando man das t\u00e9cnicas contempor\u00e1neas. Canda iso, unha escolla limitada de vi\u00f1os, das cinco denominaci\u00f3ns galegas, que van rotando tanto coma os propios platos, na procura de adegas de pequena produci\u00f3n. Tam\u00e9n hai cervexas, zumes naturais pero non refrescos: non vaian buscar cocacolas porque aqu\u00ed non as hai. E <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/Abastosdouspuntocero\">no seu perfil de Facebook<\/a> van informando das propostas diarias de coci\u00f1a mi\u00fada no momento de que abren o servicio, un estilo <em>realtime<\/em> conforme ao momento actual que ocupa Internet nas nosas vidas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En canto tivemos un minuto -escas\u00edsimos minutos os deste mes de tolos- acheg\u00e1monos a probar o que daba de s\u00ed a <em>coci\u00f1a mi\u00fada<\/em> esta. Ve\u00f1an esas cinco raci\u00f3ns do d\u00eda. Un <em>caldo de ghali\u00f1a e vaca<\/em> para comezar, saboroso e lixeiro, seguido duns cachondos <em>berberechos-expr\u00e9s<\/em> da parte de Noia. &#8220;Son unha homenaxe aos berberechos como se preparaban na r\u00faa do Franco&#8221;, asegura Iago, &#8220;cando os fac\u00edan directamente na cafeteira&#8221;. Dez segundos metidos no chorro de vapor e punto. Seguimos con algo de polbo, un ovo feito a baixa temperatura -ch\u00e1manlle o <em> 62.3 (patata, chourizo e pan)-<\/em>, moi vizoso, e logo pasamos a un <em>risotto de cogumelos<\/em> e unhas <em>Ca-rri-lle-ras<\/em> (sic) cunha escuma de pataca nas que prestaban moito as espinafres salteadas que Marcos Cerqueiro lle incorporou. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abastos_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Entre d\u00faas persoas -e quedamos o que se di ceados-, con catro vi\u00f1os -cousas como Alanda, de Monterrei- saiunos en 23 euros por todo. Un prezo moi axeitado para os tempos que corren, mesmo nun local que se atreve a dictar as s\u00faas propias normas horarias, moi ao estilo europeo. Pechan \u00e1s tres da tarde, e pola noite abren de sete a dez. Iso si, despois desa hora podes pechar o local se reservas para un grupo (m\u00ednimo 5 e m\u00e1ximo 12 persoas), pactando con eles o prezo dun men\u00fa degustaci\u00f3n que te compor\u00e1n en funci\u00f3n do que atopen no mercado. Como vedes, un lugar moi especial. Est\u00e1 comezando con moita ilusi\u00f3n e \u00e9 toda unha refrescante opci\u00f3n na oferta compostelana. Hai que seguilos de preto. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Abastos 2.0 ocupa varios espazos \u00e1 entrada da praza de abastos. P\u00f3dese apreciar claramente&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/01\/16\/abastos-2-0-unha-proposta-de-cocina-miuda-en-santiago-de-compostela\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Abastos 2.0: unha proposta de &lt;i&gt;coci\u00f1a mi\u00fada&lt;\/i&gt; en Santiago de Compostela<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":9565,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-9564","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9564","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9564"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9564\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9565"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9564"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9564"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9564"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}