{"id":945,"date":"2006-03-17T20:41:10","date_gmt":"2006-03-17T18:41:10","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=945"},"modified":"2006-03-17T20:48:36","modified_gmt":"2006-03-17T18:48:36","slug":"cancion-triste-de-houellebecq","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/03\/17\/cancion-triste-de-houellebecq\/","title":{"rendered":"Canci\u00f3n triste de Houellebecq"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/houellebecq.jpg' alt='' \/><\/p>\n<p>Non puiden agardar \u00e1 versi\u00f3n galega que prepara Rinoceronte da Posibilidade dunha Illa de Michel Houellebecq. Lina entre mares de chuvia exterior que, en comu\u00f1\u00f3n co texto, invitaban \u00e1 desaparici\u00f3n absoluta. G\u00fastame o papel deste autor na rep\u00fablica das letras da Europa occidental: nun tempo an\u00e9mico para a creaci\u00f3n e a controversia literaria, onde os escritores se senten m\u00e1is c\u00f3modos falando da pol\u00edtica que das letras \u2013se cadra porque \u00e9 m\u00e1is doado-, a Houellebecq s\u00e9guenlle a p\u00f3r cualificativos na mellor tradici\u00f3n da pol\u00e9mica literaria decimon\u00f3nica. <em>Zaratustra das clases medias<\/em> (Juan Cueto et al.), <em>Agent provocateur<\/em> (Edimburg)&#8230;este xeito civilizado de insultar non pode ser m\u00e1is que unha beiz\u00f3n para a presenza do escritor.<\/p>\n<p><em>A posibilidade dunha illa<\/em> repite e reitera o argumento de <em>Plataforma<\/em> ou <em>As part\u00edculas elementais<\/em>, d\u00faas novelas precedentes do autor. Un suxeito de mediana idade e vida insulsa \u2013a\u00ednda que neste caso se trate dun c\u00f3mico de \u00e9xito-, cunha moral vol\u00fabel e practicamente inexistente diagnostica a clase media francesa e, por ende, occidental. Neste punto as novelas de Houellebecq dist\u00e1ncianse da ficci\u00f3n e tocan as fronteiras do ensaio social de forma r\u00e1pida e \u00e1xil. Como na novela prima de Fr\u00e9deric B\u00e9igbeder, <em>13,99 euros<\/em>, a disecci\u00f3n incide nas p\u00edas da sociedade moderna cunha notable lucidez destrutiva, a\u00ednda que existen diferencias entre os dous paisanos: B\u00e9igbeder non dubida en amosar a corrosi\u00f3n do corpo. Houellebecq camufla o desencanto nunha teima menos par\u00f3dica, procedente dunha corrente nihilista na que, se cadra, o mundo como tal sexa rexeitado nunha sorte de misantrop\u00eda literaria. <\/p>\n<p>Coma nas anteriores novelas do franc\u00e9s, na Posibilidade dunha illa suc\u00e9dense as escenas pornogr\u00e1ficas nas que o recreo psicol\u00f3xico do escritor \u00e9 not\u00e1bel. Nas personaxes de Houellebecq s\u00f3 fica un sentimento tras a desertizaci\u00f3n da s\u00faa esperanza: o amor, como salvaci\u00f3n e redenci\u00f3n na madurez esgotada e sen ilusi\u00f3ns. Agardaba unha traxedia, como nas anteriores novelas, que finalice tam\u00e9n con este illote. E, efectivamente,  a\u00ednda que dun xeito diferente, a traxedia acontece. <\/p>\n<p>As voces. O relato c\u00f3ntase a varias bandas. Por unha banda est\u00e1 o c\u00f3mico Daniel, de principios do s\u00e9culo XXI. Da outra banda, est\u00e1n os seus clons do futuro, Daniel 24 e 25. Unha forma de encher folios coma outra calquera, xa que varias semanas despois de rematar o libro a\u00ednda non comprend\u00edn cal era o seu papel na narrativa. Os Danieles futuros len o relato de vida do Daniel primixenio. E comp\u00e1rano coa sua gris, et\u00e9rea vida actual. Tan gris que provoca estupor e inc\u00f3gnitas sobre o tempo que perdemos na lectura. <\/p>\n<p>G\u00fastame aquel Houellebecq que reparte nos cimentos da nosa sociedade cunha valent\u00eda ins\u00f3lita de mis\u00e1ntropo pasado de voltas e inc\u00f3modo para todas as tendencias pol\u00edticas: a do tipo que cun par publica un ensaio sobre Lovecraft no ano 1999 nun contorno literario tan cheo de tab\u00fas coma o franc\u00e9s. Al\u00ed define as s\u00faas motivaci\u00f3ns: <\/p>\n<blockquote><p>\u201cL&#8217;univers n&#8217;est qu&#8217;un furtif arrangement de particules \u00e9l\u00e9mentaires. Une figure de transition vers le chaos\u201d.\n<\/p><\/blockquote>\n<p>E se cadra esta sexa a clave do seu ninhilimo literario. Pero no universo de Houellebecq, alg\u00fan planeta xa deu a \u00f3rbita completa e volve comezar sen que ao autor lle preocupe especialmente xa o desinter\u00e9s do seu p\u00fablico. Unha posibilidade nihilista voa sobre o parnaso das vendas da literatura francesa. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non puiden agardar \u00e1 versi\u00f3n galega que prepara Rinoceronte da Posibilidade dunha Illa de Michel&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/03\/17\/cancion-triste-de-houellebecq\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Canci\u00f3n triste de Houellebecq<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-945","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/945","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=945"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/945\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=945"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=945"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=945"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}