{"id":927,"date":"2006-03-04T03:06:47","date_gmt":"2006-03-04T01:06:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=927"},"modified":"2006-03-04T09:46:56","modified_gmt":"2006-03-04T07:46:56","slug":"o-verificator","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/03\/04\/o-verificator\/","title":{"rendered":"O Verificator"},"content":{"rendered":"<p>A primeira vez que soubemos que, dentro do xornalismo exist\u00eda unha profesi\u00f3n chamada \u201cverificador de datos\u201d que consist\u00eda en revisar documentalmente o traballo do xornalista para que a s\u00faa informaci\u00f3n se publicase absolutamente sen ning\u00fan tipo de erro contextual suspiramos da nosa triste pobreza de recursos e fascin\u00e1monos pola rigorosidade profesional dalg\u00fan medio. <\/p>\n<p>Esa figura do <em>verificador de datos<\/em> existe na revista <a href=\"http:\/\/www.newyorker.com\/\">The New Yorker<\/a>, constit\u00fae un departamento espec\u00edfico dentro da publicacion e cada verificador est\u00e1 asociado como apoio na sombra de cada un dos reporteiros estrela (suspiro de novo). Algu\u00e9n que se asegura de se Par\u00eds chegou xa aos 11.200.000 habitantes ou se a\u00ednda segue en 11.174.000 e o inserta no teu artigo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.aragonpress.com\/not\/2006\/3\/3\/img\/img948402S.jpg\" alt=\"\"  align=\"left\" hspace=\"4\" vspace=\"4\"\/>Pero a realidade nin era tan profesional nin estaba tan comprometida coa calidade do texto. Andy Young, un dos membros de verificaci\u00f3n de The New Yorker, desvelou o motivo real: liberar \u00e1 revista de pos\u00edbeis litixios. No pa\u00eds das continuas demandas legais por danos e prexu\u00edzos, o verificador \u00e9 algu\u00e9n que non se f\u00eda do xornalista e contrasta de novo coas fontes o dito por estas ao redactor. O xornalista, d\u00e1 igual a sona que te\u00f1a, desvela as s\u00faas fontes privadas, d\u00e1 os n\u00fameros de tel\u00e9fono e agarda o veredicto da verificaci\u00f3n. Por exemplo: o redactor elabora un perfil sobre un ditador africano que cont\u00e9n  declaraci\u00f3ns sobre os peculiares m\u00e9todos did\u00e1cticos do gobernante sobre o seu pobo. Se no departamento de control non se f\u00edan, o verificador ponse en contacto directamente co ditador:<\/p>\n<p>-Bos d\u00edas, se\u00f1or ditador. \u00bfNon me poder\u00e1 vostede atender un segundo?<br \/>\n-Si, por suposto, d\u00edgame.<br \/>\n-Mire, quer\u00eda saber se son certos alg\u00fans datos&#8230; \u00bf\u00c9 certo que vostede afirmou ao noso xornalista que <em>&#8220;destripo habitualmente aos  membros da oposici\u00f3n abr\u00edndoos en canle cun coitelo de matadoiro&#8221;<\/em>?<br \/>\n-Si, por suposto, d\u00edxenlle exactamente iso. \u00bfNecesita algunha precisi\u00f3n a maiores?<br \/>\n-Non. Moitas grazas, se\u00f1or. S\u00edntoo ter molestado, pero son as nosas normas editoriais. Moitas grazas, de novo.<br \/>\n-Mire, eu si que lle ti\u00f1a que facer unha pregunta.<br \/>\n-Por suposto.<br \/>\n-Estou preocupado porque te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que o seu xornalista me vai definir como &#8220;caudillo&#8221;.Sen d\u00fabida, isto \u00e9 unha incorrecci\u00f3n e unha burla ao proceso democr\u00e1tico electoral do meu pa\u00eds. Reclamo que se me denomine como &#8220;presidente&#8221;.<br \/>\n-Verei o que podo facer, se\u00f1or. Moitas grazas.<\/p>\n<p>A existencia desta profesi\u00f3n \u00e9 desacougante e, persoalmente, par\u00e9ceme algo tenebrosa. Aqu\u00ed a voz de Andy Young:<br \/>\n<em>A cousa m\u00e1is vergo\u00f1enta que me pasou no traballo da revista foi cando estaba corrixindo o artigo sobre Gabriel Garc\u00eda M\u00e1rquez que redactara John Lee Anderson. A Gabo non lle gustou o artigo, porque fac\u00eda referencia a todas as s\u00faas casas e \u00e1 s\u00faa vida de jet set. Correron os rumores que Gabo morrera, e o editor xefe pediume que chamara \u00e1 s\u00faa muller para contrastar esta informaci\u00f3n antes de publicar. A s\u00faa muller afectoulle moito: ela mesma non sab\u00eda se o rumor era certo ou non. <\/em><\/p>\n<p>Outra volta \u00e9 a s\u00faa necesidade: para comprendelo prec\u00edsase situarse na realidade norteamericana e nos reiterados esc\u00e1ndalos de falsificacion xornal\u00edstica dos \u00faltimos anos. <\/p>\n<p><em>Foto: Arag\u00f3n Digital<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A primeira vez que soubemos que, dentro do xornalismo exist\u00eda unha profesi\u00f3n chamada \u201cverificador de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/03\/04\/o-verificator\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Verificator<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28075,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-927","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/927","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=927"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/927\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28075"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=927"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=927"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=927"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}