{"id":9228,"date":"2009-12-17T01:40:28","date_gmt":"2009-12-16T23:40:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=9228"},"modified":"2009-12-17T08:28:11","modified_gmt":"2009-12-17T06:28:11","slug":"a-veiga-gozar-da-vida-e-da-gastronomia-na-fisterra-do-interior","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/12\/17\/a-veiga-gozar-da-vida-e-da-gastronomia-na-fisterra-do-interior\/","title":{"rendered":"A Veiga: gozar da vida (e da gastronom\u00eda) na Fisterra do interior"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/a_veiga_viaxe_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>-Benvidos \u00e1 Fisterra do interior. <\/p>\n<p>As\u00ed nos di Carlos Parra ao pouco de entrarmos no Hotel El Ciervo. Fi\u00e1monos do GPS e levounos pola antiga estrada, lonxe de todo n\u00facleo de poboaci\u00f3n, conducindo a trav\u00e9s dos montes espesos de carballo rebolo e cos porcos bravos -enormes, os cabronazos- atravesando tranquilamente por diante do coche. Estamos aos p\u00e9s de Pena Trevinca, a monta\u00f1a m\u00e1is alta de Galicia, e vai un fr\u00edo de alucinar. <\/p>\n<p>A viaxe \u00e9 o cami\u00f1o, dic\u00edan os sabios e os poetas. Gran parte do encanto da Veiga \u00e9 a s\u00faa condici\u00f3n de concello, para min, m\u00e1is distanciado e remoto de Galicia. Un gran val con anexos con algunhas alde\u00ed\u00f1as habitadas por sete ou oito veci\u00f1os, cumios dondos pero altos e bosques grandes cruzados por moitos regatos. A Veiga \u00e9 un lugar para perderse e que te perdan, para cami\u00f1ar polos roteiros (debe ser o concello que os ten mellor sinalizados). Aos que nos gusta o cami\u00f1o como viaxe, \u00e9 todo un mundo. A Veiga \u00e9 un deses concellos nos que eu digo que hai que ir porque hai que ir, sexas monta\u00f1eiro ou non, g\u00fasteche o sendeirismo ou non. Se es un fan\u00e1tico da gastronom\u00eda, adorar\u00e1s este factor QP, este factor quinto pi\u00f1eiro. E se che gustan as estrelas, este concello \u00e9 o que re\u00fane mellores condici\u00f3ns para a s\u00faa observaci\u00f3n, lonxe de calquera tipo de contaminaci\u00f3n lum\u00ednica. En todos os hoteis e casas de turismo rural hai un telescopio xentileza da casa na planta de enriba, para que te perdas un rato mirando m\u00e1is arriba da Pena Trevinca. <\/p>\n<p>Neste concello c\u00f3mese de marabilla, por riba da media no mundo do turismo rural. Hai cousa dun ano ou dous estiven nunha fermosa antiga reitoral, <a href=\"http:\/\/www.eidodasestrelas.es\/\">O Eido das Estrelas<\/a>, levado por unha encantadora parella. Al\u00ed coci\u00f1aban de xeito creativo, ricos platos que sorprend\u00edan por estar onde estabas. <a href=\"http:\/\/www.otrisquel.com\/\">O Trisquel<\/a>, outra casa de turismo rural, \u00e9 o lugar preferido polos monta\u00f1eiros que suben ao macizo de Trevinca. Aqu\u00ed, o ambiente \u00e9 de deporte de aventura e de monta\u00f1a. Os seus propietarios ax\u00fadante a preparar a t\u00faa subida \u00e1 monta\u00f1a, e adem\u00e1is, tam\u00e9n ten sona de comerse ben (eu neste non com\u00edn, <a href=\"http:\/\/viticulturista.blogaliza.org\/2009\/12\/07\/o-trisquel\/\">pero o Vitic\u00f3logo si<\/a>). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/a_veiga_viaxe_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O coci\u00f1eiro Carlos Parra<\/em><\/p>\n<p>Pero o local con maior fama gastron\u00f3mica da Veiga \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.hotelelciervo.com\/\">Hotel El Ciervo<\/a> [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;t=h&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.244722,-6.927824&#038;spn=0.013915,0.037637&#038;z=15\">localizaci\u00f3n<\/a>]. Este lugar \u00e9 de anotar, se queres alucinar \u00e1 t\u00faa parella e aos amigos, lev\u00e1ndoos ata al\u00e1 nun fin de semana de fr\u00edo. O Hotel est\u00e1 aos p\u00e9s da maior reserva de caza de Galicia: 2000 hect\u00e1reas polas que andan soltos os mufl\u00f3ns, os cervos e os xabar\u00edns, e o seu nome v\u00e9n de que se emprega como base para os numerosos cazadores que ve\u00f1en aqu\u00ed. Pero canda o modelo inicial do negocio do hotel, moi orientado ao cazador, o seu novo emprendedor, Carlos Parra, un veci\u00f1o do Barco que deixou Oviedo -onde estudaba Dereito- por virse para aqu\u00ed, deulle un magn\u00edfico enfoque gastron\u00f3mico que fai que este sexa un secreto a voces entre a grea gourmet de Galicia, e no que se aproveita da impresionante despensa que \u00e9 a reserva de caza para facer destas carnes bravas o emblema do establcemento.<\/p>\n<p>A primeira noite, cando chegamos, \u00e1 mesa entrou embutido da casa -cecina, chourizo de cervo, salchich\u00f3n, todos espectaculares- seguidos dun foie con froitas vermellas cultivadas por Parra, unhas setas tam\u00e9n da casa en revolto espectaculares e logo uns medall\u00f3ns de cervo de botarse a chorar, para rematarmos a aventura con natillas ou arroz con leite. Con Pagos de Galir, 25 euros por cabeza. Axudados polo fr\u00edo, Maribel, Sole, Pedro, Esperanza e m\u00e1is eu disfrutamos dunha das ceas m\u00e1is saborosas que te\u00f1o visto en tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/a_veiga_viaxe_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero claro, ao d\u00eda seguinte non se pod\u00eda deixar de pasar outros platos. \u00c1 comida, despois das sesi\u00f3ns fotogr\u00e1ficas que fixemos en Meixide, tocou probar o arroz con androia que fai o Carlos Parra. D\u00faas bandexas dun arroz atl\u00e1ntico, espeso, magn\u00edfico, ata o punto de que a prudencia nos fixo rexeitar un segundo, unha carne que polo que vin noutras mesas promet\u00eda ben. Pidan nalg\u00fan momento este arroz e prep\u00e1rense a baixar ao inferno por tanto disfrute. <\/p>\n<p>Cando chegas, despois de longa e fr\u00eda viaxe, a El Ciervo, de s\u00fapeto te sintes como en casa, ou como un antigo viaxeiro que miragreiramente atopa nunha fonda, durante dous d\u00edas, un novo fogar cunha lareira prendida. Hai que sentar e escoitar as historias dos cazadores, ou de calquera outro perdido que se deixe caer coma ti por aqu\u00ed, onde os curtos de cervexa son longos e est\u00e1 prohibido -case literalmente- espertar antes das 9 da ma\u00f1\u00e1. A\u00ednda que o estilo \u00e9 un tanto oitenteiro -Carlos non \u00e9 o propietario do hotel, teno alugado- as habitaci\u00f3ns son enormes, est\u00e1n moi ben, e agora, no inverno, a noite est\u00e1 a 50 euros. <\/p>\n<p>\u00bfA que se me nota que me encanta A Veiga?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole -Benvidos \u00e1 Fisterra do interior. As\u00ed nos di Carlos Parra ao pouco de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/12\/17\/a-veiga-gozar-da-vida-e-da-gastronomia-na-fisterra-do-interior\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Veiga: gozar da vida (e da gastronom\u00eda) na Fisterra do interior<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28243,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-9228","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9228","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9228"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9228\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28243"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9228"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9228"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9228"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}