{"id":908,"date":"2006-02-16T21:36:09","date_gmt":"2006-02-16T19:36:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=908"},"modified":"2006-02-16T21:36:11","modified_gmt":"2006-02-16T19:36:11","slug":"o-segredo-da-illa-das-focas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/16\/o-segredo-da-illa-das-focas\/","title":{"rendered":"O segredo da Illa das Focas"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/roan.jpg' alt='' vspace=\"4\" hspace=\"4\" align=\"left\"\/> <em>El secreto de la Isla de las Focas<\/em>, o t\u00edtulo en espa\u00f1ol de <a href=\"http:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0111112\/\">The Secret of Roan Inish <\/a>(1994) crea equ\u00edvocos: parece unha edici\u00f3n cinematogr\u00e1fica dunha novela de Os Cinco ou dos Hollister. Pero esta personal\u00edsima pel\u00edcula do realizador <a href=\"http:\/\/www.johnsaylesretro.com\/index2.html\">John Sayles<\/a>, non ten nada que ver con isto. <\/p>\n<p>Hai pel\u00edculas que sabes, dende o d\u00eda que as ves, que pasar\u00e1n a formar parte da t\u00faa vida. Cando hai m\u00e1is de dez anos o meu amigo Carlos pasoume <em>O Segredo<\/em>, fiquei fascinado. A pel\u00edcula, ambientada nunha zona costeira de Irlanda durante os anos 40, conta a historia de Fiona, unha nena orfa que retorna \u00e1 casa dos seus av\u00f3s enviada polo seu pai, obreiro e sumido no alcoholismo trala morte da s\u00faa muller. Fiona merg\u00fallase naquel mundo do que marchou cando era moi pequena: a familia eran illeiros que marcharon dunha illa pr\u00f3xima, a Illa das Focas, presionados polas dif\u00edciles condici\u00f3ns de vida. As frangullas de parentes  que quedan viven da pesca no porto. A nena comeza a descubrir que o pasado non est\u00e1 pechado de todo ao visitar de novo a illa, e de s\u00fapeto, lenda, fantas\u00eda e vida comezaranse a cruzar de xeito tenro e prodixioso. As Selkies, mulleres que son ao mesmo focas, a variante irlandesa das nosas sereas, son unha peza clave deste conto sobre a recuperaci\u00f3n da memoria e a tensi\u00f3n entre a fantas\u00eda e a realidade.  Sayles manexa os tempos con valent\u00eda, afast\u00e1ndose da cinematograf\u00eda convencional de Hollywood: \u00e9 unha pel\u00edcula de tradici\u00f3n oral, na que o av\u00f3 conta longas historias pola noite, co ritmo das palabras contadas, e ti escoitas abraiado. <\/p>\n<p>Abraiado pola calidade do filme, pero tam\u00e9n pola incr\u00edbel proximidade da narraci\u00f3n \u00e1 cultura mari\u00f1eira que eu a\u00ednda viv\u00edn. Porque esta familia irlandesa poder\u00eda chamarse Pi\u00f1eiro, Bouza, Sampaio e teriamos unha pel\u00edcula ambientada en Galicia. Paisaxes, vestimenta, etnograf\u00eda, lendas. Todo absolutamente id\u00e9ntico, se mudaramos as nosas dornas en <em>curraghs<\/em> e a represi\u00f3n da lingua irlandesa pola galega neses tempos. A coincidencia cultural \u00e9 pasmosa, emocionante. Na mi\u00f1a historia familiar -e perm\u00edteme que ma reserve- mesmo abraiante. Xa sei que isto que digo nin \u00e9 politicamente correcto nin soa moderno, hoxe en d\u00eda, pero os feitos son os feitos. <\/p>\n<p>Se tes oportunidade, tenta ver esta pel\u00edcula, ou p\u00eddema. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>El secreto de la Isla de las Focas, o t\u00edtulo en espa\u00f1ol de The Secret&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/16\/o-segredo-da-illa-das-focas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O segredo da Illa das Focas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,5],"tags":[],"class_list":["post-908","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-ligazons","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/908","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=908"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/908\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=908"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=908"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=908"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}