{"id":903,"date":"2006-02-13T18:53:58","date_gmt":"2006-02-13T16:53:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=903"},"modified":"2006-02-13T20:20:05","modified_gmt":"2006-02-13T18:20:05","slug":"o-outeiro-redondo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/13\/o-outeiro-redondo\/","title":{"rendered":"o outeiro redondo"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/tia_maria.jpg' alt='' \/> <\/p>\n<p>As aldeas da Serra do Barbanza est\u00e1n formadas por casoupas pequenas, de pedra escura e r\u00edxida, sobre as que zoa o vento e as nubes pousan continuamente. Al\u00ed, nesa terra dur\u00edsima, as aldeas te\u00f1en nomes vexetais e de \u00e1rbores en singular. A Figueira, Sabuceda, a Gra\u00f1a  ou de tarefas agr\u00edcolas: a Seara. O motivo: quizais nesta terra de toxo, de breixo e bra\u00f1as, cada \u00e1rbore -en individual- fose a \u00fanica referencia diferente nun contorno de lombas intermin\u00e1beis de toxo e bra\u00f1a.<\/p>\n<p>A T\u00eda Mar\u00eda vive na Figueira. Preg\u00fantolle polo Outeiro Redondo, un lugar que dende pequeno sempre quixen co\u00f1ecer. <\/p>\n<p>-\u00bfO outeiro redondo de Bra\u00f1as e Prados? -preg\u00fantame.<br \/>\n-Ese mesmo.<br \/>\n-\u00bfOnde est\u00e1n <em>as riquezas de sete reinados<\/em>?<br \/>\n-Pois debe ser ese.<\/p>\n<p>A vella sin\u00e1lame co coitelo e m\u00edrame con astucia:<\/p>\n<p><em>-Sete de ouro<br \/>\nSete de prata<br \/>\nSete de veleno que mata<\/em><\/p>\n<p>R\u00edmonos. <\/p>\n<p>-Pero por moito que caves -adv\u00edrteme- non vas atopar nada! Xa moitos outros buscaron o tesouro antes ca v\u00f3s e vi\u00f1eron cas mans nos petos!<\/p>\n<p>A t\u00eda Mar\u00eda ten 85 anos e un envex\u00e1bel enxe\u00f1o.<\/p>\n<p>O Outeiro Redondo \u00e9 un pequeno alto \u00e1 sa\u00edda do chan de Leis, na desolaci\u00f3n da meseta central dos chans do Barbanza. Ao car\u00f3n do cami\u00f1o real, un enorme penedo ovoide acolle un improvisado refuxio de cabalos.  Da outra beira do cami\u00f1o, unha m\u00e1moa cunha cista no seu interior delimita o espazo. Pouco m\u00e1is abaixo, agachada nas voltas do r\u00edo, est\u00e1 a Arca da Barbanza, un dos maiores d\u00f3lmenes do pa\u00eds.<\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/outeiro.jpg' alt='' \/> <\/p>\n<p>Os alde\u00e1ns controlan milimetricamente este espazo que a n\u00f3s nos sobrecolle: eles co\u00f1ecen todas as <em>mamoas<\/em>, -dino as\u00ed, en grave-,  contan sen rubor as claves da xeograf\u00eda m\u00edtica superposta sobre esta enorme necr\u00f3pole milenaria. Mouros. Gali\u00f1as con Pitos. Estelas de sete reis. Casas de condes. Lobeiras. Castelos. Lagoas. Torres. Tesouros de carlistas. Cruces de foraxidos. Nada existe, ou si. Ningu\u00e9n o sabe. As alcald\u00edas da Pobra, de Porto do Son, de Boiro, est\u00e1n a cometer contra esta extensi\u00f3n desolada e \u00fanica m\u00faltiples iniquidades: horr\u00edbeis torretas de alta tensi\u00f3n, excesivas pistas abertas sobre as ondulaci\u00f3ns do terreo, intermin\u00e1beis filas de parques e\u00f3licos, das canteiras de extracci\u00f3n de area, tolerancia contra o inferno dos todoterreos, os quads, as motos de cross. E, a\u00ednda as\u00ed, estes chans misteriosos contin\u00faan tendo unha poderosa atracci\u00f3n lunar que deberiamos loitar por preservar. <\/p>\n<p>\u00c1s aldeas do alto da serra non chegou a electricidade ata mediados dos oitenta. Afortunadamente para a poboaci\u00f3n, que segue a vivir no fondo das pequenas crebadas que fai o terreo, recoll\u00e9ndose do fr\u00edo igual que hai 4.000 anos, hoxe en d\u00eda dispo\u00f1en de comunicaci\u00f3ns m\u00e1is ou menos dignas. A memoria, sen embargo, est\u00e1 desaparecendo como grans de area. <\/p>\n<p>\u00a1Quen tivera tempo para poder recoller o que queda!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As aldeas da Serra do Barbanza est\u00e1n formadas por casoupas pequenas, de pedra escura e&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/13\/o-outeiro-redondo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">o outeiro redondo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-903","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/903","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=903"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/903\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=903"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=903"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=903"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}