{"id":896,"date":"2006-02-07T20:45:32","date_gmt":"2006-02-07T18:45:32","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=896"},"modified":"2006-02-13T18:36:01","modified_gmt":"2006-02-13T16:36:01","slug":"lalbar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/07\/lalbar\/","title":{"rendered":"L&#8217;Albar"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/mieres.jpg' alt='' \/> <\/p>\n<p>Todo o mundo co\u00f1ece esa sabia m\u00e1xima: se entras nun restaurante de estrada e ves que est\u00e1 cheo de camioneiros, qu\u00e9date tranquilo. Comer\u00e1s ben, abundante e barato.<\/p>\n<p>Pero ao entrar no restaurante L&#8217;Albar, de Mieres (Asturias), as mi\u00f1as expectativas quedaron superadas xa na entrada. Porque ao pasarmos pola primeira das estancias, descubrimos comendo a un bispo e catro curi\u00f1as. Ai, amigo, e iso si que d\u00e1 para confiar!<\/p>\n<p>De feito, o <a href=\"http:\/\/canales.elcomerciodigital.com\/gastronomia\/restaurantes\/albar.htm\">restaurante L&#8217;Albar<\/a> (985 468 445) entra con bravura no <em>Cap\u00edtulo 0 Hall of Fame<\/em>. Porque nestes fog\u00f3ns coc\u00ed\u00f1ase ao xeito tradicional con mesuradas doses de innovaci\u00f3n m\u00e1is ou menos valente. Porque o seu ambiente \u00e9 recollido, c\u00e1lido, case como se comeras nunha solaina. Porque ten a mellor relaci\u00f3n calidade &#8211; prezo que te\u00f1o visto en pouco tempo. <\/p>\n<p>L&#8217;Albar inaugurouse nunha casa vella ao car\u00f3n do concello de Mieres e os propietarios optaron por non liberar a casa de tabiques e mantiveron a estrutura tradicional de habitaci\u00f3ns da casa. Co cal as mesas vanse distribu\u00edndo intimamente de a dous ou tres polas estancias, entre muros de pedra e empapelados cl\u00e1sicos. Al\u00ed, as mulleres de L&#8217;Albar ofrecen unha carta de manxares asturianos lixeiramente remodelados. Desta volta, eu met\u00ednme de cheo no men\u00fa especial de caza, por iso do <em>carpe diem<\/em>, de atrapar os fr\u00edos meses da monta\u00f1a asturiana. E as\u00ed puiden probar un fant\u00e1stico veado con xam\u00f3n ib\u00e9rico, queixo e uvas pasas, sabroso como hai tempo non comera. O porco bravo de Sole, despois dun intelixente adobo, convert\u00e9rase nunha carne lixeira e suave. Hai que dicir que antes nos recreamos a\u00ednda m\u00e1is na festa do salvaxe, atrev\u00e9ndonos co picadi\u00f1o asturiano, os chourizos de veado e porco bravo, e esa cecina que nunca farto de comer. <\/p>\n<p>A carta de vi\u00f1os, conservadora pero moi esmerada, achegounos sorpresas interesantes. A casa suxeriu un Font, un vi\u00f1o de <a href=\"http:\/\/www.apoloybaco.com\/DOMontsant.htm\">Mont Sant<\/a>, unha d.o. da que non ti\u00f1a nin idea, pero que seica envolve ao min\u00fasculo territorio do Priorat, un licor con forte consistencia ideal para acompa\u00f1ar unha mesa de caza. Mentres, as mulleres do Priorat desfac\u00edanse en detalles, o sol filtr\u00e1base a trav\u00e9s das cortinas e un rubor de felicidade deix\u00e1bannos satisfeitos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Todo o mundo co\u00f1ece esa sabia m\u00e1xima: se entras nun restaurante de estrada e ves&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/07\/lalbar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">L&#8217;Albar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-896","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/896","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=896"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/896\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=896"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=896"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=896"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}